Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2020

Asociación Terra de Outes con Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Estas marabillas de texto e de imaxe, chegadas a xeito de manda para entregar en man a Isaac Díaz Pardo,  proceden da Asociación Cívico-cultural Terra de Outes, un colectivo -deses que fan falla no país, polo tanto imprescindíbeis- que reacciona diante das alarmas ambientais ou da vulneración dos dereitos e liberdades colectivas. Actúa incluso coma un catalizador social que dinamiza a vida cultural da bisbarra de Outes. Por iso o activismo dos seus compoñentes ten que ver coa literatura, polo tanto tamén co idioma, coa difusión e protección do patrimonio, coa recompilación da historia da comarca e coa catalogación de feitos antropolóxicos e etnográficos significativos. As culturas material e inmaterial son as trabes mestras deste colectivo tan necesario. A el pertence o autor do texto que liñas abaixo reproducimos, e que non é outro que Ramón Blanco Fernández, persoa xa ben coñecida nos círculos culturais e literarios como gran dinamizador que é, ademais de fabuloso poeta. Xoán Xosé Ma

De Xosé Val Díaz a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O artista Xosé Val Díaz sempre se caracterizou polo seu compromiso coa terra, coa lingua e coas persoas que fixeron deste país chamado Galiza un lugar do que se sentir fachendoso. Por iso Valdi -nome polo que tamén é coñecido- acompáñase non só de arte, reividincación e coherencia, senón outrosí de valentía. Sempre se arrodea dos que lle cantan e recitan á terra, polos xermolos que fan agromar país... E así el respira! Este autor de Castroverde, afincado en Sada e outrora veciño de Euskal Herria, foi quen de elaborar as esculturas do Paseo dos Soños (Vilalba), no que se homenaxea a distintas persoanalidades que gustaron de crear letras e arte dende o galego. E ese compromiso coas persoas que entregaron suor pero tamén xenealidade con Galiza maniféstao na seguinte peza que crea para lembranza de Isaac Díaz Pardo. A mesma, vén acompañada polo texto que aquí se reproduce.  Ben haxa, Valdi! Saúde! O artesán: Xosé Val Díaz  (Valdi) Creador de esta obra. Con ela pretende denunciar a fals

María Lopo recorda a Isaac e a María Casares

Imaxe
María Lopo, álen de doutora en literatura francesa, é ensaísta, profesora e investigadora. Ela, con pluma áxil e atinada escrita, vén de nos entregar unhas reflexións sobre aquela xerra que, en 1997, elaborara Sargadelos -con deseño de Luís Seoane- para memorizar a figura de María Casares, actriz galega triunfadora nos escenarios franceses e parella -non tan esporádica- de Albert Camus. Fermoso recordo dende a Memoria do Caolín . María Lopo homenaxea a Isaac Díaz Pardo, recorda a súa obra, xunto coa de Seoane pero tampouco esquece a memoria necesaria (imprescindíbel) de María Casares , unha muller enorme por desgraza aínda pouco coñecida no seu país de orixe. Quizais é O Tempo das Mareas , de revisarmos a correspondencia dende o exilio... ou de lembrar que O meu nome é María . Beizóns. María! Velaquí fican as túas palabras para honrar a Isaac pero, asemade, daquela túa homónima que recibira en Francia o Premio Nacional de Teatro. Saúde!  Memoria de caolín. A xerra homenaxe a María Cas

Mario Paz, dende A Voz de Vilalba, entrega unha manda para Isaac

Imaxe
Isaac, Chairego de Honra (foto de Paulo Naseiro) Dende A Voz de Vilalba chega un texto de memoria e aloumiños elaborado por Mario Paz González, compostelán de nacenza e profesor de ensino secundario en terras de Castela e León. Autor de varios libros, colabora con diversos medios e xa con once anos aparece entre os editores d'A Voz de Vilalba. Isaac Díaz Pardo  (acrílico sobre táboa de Paco Díaz) A manda que nos fai chegar lanzárase dende ese medio e igualmente en Galicia Dixital  por xuño de 2011, e en El Progreso por outubro dese ano. A súa intención era dar a coñecer a distinción de "Chairego de Honra" que a Isaac Díaz Pardo lle concederan, o 7 de novembro de 2009, a Asociación Xermolos e a Fundación Manuel María.  En verbas de Mario Paz, os actos tiveron lugar na capela de San Alberte de Guitiriz, e participaron "Martiño Noriega, Andrés Varela, Ramón Villares, Carme Blanco, Felipe Senén, Xosé Ramón Fandiño, Mini e Mero e o gaiteiro Raúl Galego". Velaquí un

Haiku e outros poemas de Suso Díaz para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
E seica estes días deambula por Compostela a figura de Lorca , quizais coincida na Ferradura con Isaac Díaz Pardo e Camilo Díaz Baliño, quizais ás dúas en punto tamén se atopen coas irmás Fandiño Ricart ... De ser así, todos en harmonía recitarán aquel "chove en Santiago / meu doce amor / camelia branca do ar / brila entebrecida ô sol". Federico García Lorca Non hai dúbida de que Federico García Lorca namorou desta cidade que tantas ledicias e proxectos ten dado ao galeguismo. E diso non existe discusión, segundo poderían indicar Henrique Alvarellos ou ben Suso Díaz.   Este último autor, fillo das terras e das letras de Lobios, ten unha importante e interesante produción poética, así como a edición de varias obras imprescindíbeis. Vén á nosa mente aquela que lanza con Helena Villar Janeiro titulada 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca  e, máis recentemente, a tradución ao galego de Poeta en Nova York , tamén do escritor granadino. Suso Díaz amósasenos coma unha perso

Unha muiñeira de Carmiña (Álvarez) de Soutomaior para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
 C armiña de Soutomaior toca a pandeireta, toca a gaita, canta, recita e repenica...  Carmiña de Soutomaior ama as tradicións de noso, a voz do pobo e o legado dos entregos. Ela representa a esas mulleres que saben pescudar nas entrañas da Terra para rescatar do esquecemento o legado musical dos maiores. É desas mulleres sabias que se acompañan da palabra, que se entregan á amizade e que sempre están cabo das persoas que aman o idioma (íntima de Antía Cal, amiga de Avelino Pousa, irmá de tantas e tantos...) e das que protexen esta patria atlántica que alborexa -en alalás- dende os montes do Courel...  Carmiña Álvarez dise labrega de vocación e irmandiña por Xustiza, boa filosofía vital para se presentar no mundo. Por iso, con todo o agarimo, entrega unha muiñeira a xeito de manda para facer homenaxe a  un irmán da terra: Isaac Díaz Pardo. Para el, para lembrar a súa nacenza hai un século, compón a letra desta peza que aquí se escoita. Seguramente na casa da Tumbona hoxe, coas fiestras

Unha regalía de Abe Rábade para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O de Abe Rábade é pura arte, é saber que a xenialidade está canda nós e que as grandes obras se poden tocar coas mans. Todos os sentidos contan, cómpre estar atento... Todos os recendos da paisaxe musical son necesarios.... Porque o que fai Abe é iso, a obra dun apaixonado pola experimentación musical e de aí -como sabemos- poden resultar obras dignas de aplauso coma esta que hoxe nos entrega, como esta que destina a Isaac Díaz Pardo. A sonoridade das follas secas ou vivas dun castiñeiro, a musicalidade da auga ou do río todo, a dozura da voz que enfía a tradición coa vangarda que nos di "somos de onde vimos pero tamén cara a onde camiñamos" é unha realidade nesta peza mestra de Abe Rabade.  O autor, que forma parte do equipo docente da Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo - ESMAE (da cidade de Porto) dende 2009 e do Conservatorio Superior de Música de Galicia dende 2019, experimenta coa tradición galega, co flamenco, co jazz, coa música clásica. E disto sacamos

Dende a Plataforma de Galeras... O sabor de Díaz Pardo

Imaxe
Pois ben necesarias son, abofé, as asociacións culturais, os colectivos sociais, as xuntas veciñais e as plataformas! Eles todos, dende os diversos sectores nos que actúan, son motores que propician os cambios, que inoculan antídotos contra a preguiza, a desidia e deixación de funcións de entes administrativos ou organismos públicos... Canto se lle debe á sociedade consciente que se organiza! Por iso coma un navío coas velas cheas de folgos arriba nos portos composteláns a Plataforma de Galeras. O cargamento que ela trae é do máis prezado: consciencia, conciencia e compromiso: Consciencia porque os seus membros parten de criterios éticos para distinguir o balor, do óleo; conciencia porque non acougan cos brazos cruzados a que o navío mude el só de rumbo; e compromiso porque son persoas de acción e de actuar... sen moitas cabotaxes pero cunha singradura clara. Velaí que dende o primeiro instante no que erguemos a voz para homenaxear a Isaac Díaz Pardo, o noso Alento Esbravexo disque axu

Xoán Babarro e a estrela de Isaac

Imaxe
Das terras de Maceda évos Xoán Babarro , un escritor e lingüista de desbordante imaxinación que ten publicado ducias e ducias de obras literarias destinadas ao público infantil e xuvenil. Asemade, combina este compromiso co mundo do ensaio, onde verte fundamentalmente as súas investigacións lingüísticas.  Os seus recoñecementos para nada son reducidos, pois a calidade dos textos, a sensibilidade coa que trata os temas, as imaxes que xera a súa narrativa faino merecente de tales méritos e da admiración de moitas e moitos de nós. A sensibilidade percíbese, por exemplo, neste relato que entrega ao Alento Esbravexo para que llo fagamos chegar a Isaac Díaz Pardo , unha estreliña que esmuxica no firmamento polas noites e que non foi creada con po cósmico, senón que con po cerámico...  Un sentir de agradecemento provócanos esta alfa que, ao tempo que recorda ao mestre de Sargadelos, fainos seguir soñando cun país, coma a noso, que podería ser Ávalon (lembramos a Carvalho Calero!), ou Terra So

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, por Esperanza Lema

Imaxe
Homenaxe a Isaac Díaz Pardo   (autora: Esperanza Lema Bouzas) Esperanza Lema é unha desas artistas galegas ás que lle temos fe e non só polo trato que sempre nos ofrece -entrañábel, cordial, amical- senón por todo o que ten que ver co seu catálogo de cores, con eses torrados fantásticos que saben combinar coa friaxe dos azuis.  A "paisaxe en Esperanza" identificámola cun raio verde que penetra na retina de todas as persoas que contemplamos a súa obra: realmente, unha estampa que nos aproxima ao coñecido (ao familiar) e á vida cotiá.  Non hai dúbida diso, mais con ela sempre quedan recunchos ignotos. Saber da súa Maternidade en pedra é unha clara epifanía a outro contexto. E que fermoso que unha pedra se saiba parir en nai...! Velaí que esta maternidade nos sexa ben próxima (coma á nación, coma a unha avoa tamén chamada mamá e que nos enche de aloumiños), pero así mesmo é emotiva pois foi quen, logo do bautismo laico, confirmala cun novo nome enmarcado na memoria: "Homena

De Francisco Ameixeiras para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Aínda que natural de Vigo, Francisco Ameixeiras é oriúndo das terras do Baños, un outro xeito de  denominar ao municipio de Cuntis. Del persoa pódense destacar varios aspectos relevantes alén de ser licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca.  Por unha banda é un gran coñecedor do patrimonio galego (tanto dos bens arqueolóxicos como da cultura material e inmaterial) feito que enriquece en alto grao a calidade das súas obras.  Sen dúbida destaca como gran ilustrador, foi quen incluso de lle poñer imaxe á figura mítica do "Apalpador". Mais as súas pezas escultóricas resultan magníficas. Nelas domina a curva, o movemento, a sinuosidade e as temáticas que teñen que ver coa mitoloxía, os monstros, os petróglifos, a simboloxía procedente dos castros galegos e auga, ese elemento tan vivo para el... Non lle hai que restar importancia ao traballo que ten desenvolvido na catalogación do patrimonio de varios concellos pontevedreses e que serve, sen dúbida, para coñecer que

A FUNDACIÓN NEIRA VILAS: UN OUTRO ALENTO PARA DÍAZ PARDO

Imaxe
Entre as institucións que gustan de escoitar o chamo do Alento Esbravexo está a Fundación Neira Vilas , pois ela tamén quere ter voz para render homenaxe a quen tanto fixo polo país.  É un verdadeiro gusto ver como as persoas e institucións conscientes honran aos seus fillos e fillas, e neste caso a Isaac Díaz Pardo. É un gusto saborearmos un rural que podería emerxer entre brétema tal fose un santuario para a nosa palabra e as nosas tradicións. Ben o souberon Anisia Miranda e Xosé Neira, ben gustaron de recordalo nas súas obras porque sabían que era un xeito de conservar o país, de coidalo e de facer patria (digamos). Un país e unha patria, sen dubida, tamén alzados por Díaz Pardo dende un navío sobre mar azul cobalto...  Por iso senta moi ben que cheguen palabras dende a Fundación Xosé Neira Vilas, que cheguen palabras dende Gres, o mundo inmenso de Balbino: eixada, sacha, arado... Case resoan os versos de Celso Emilio Ferreiro ("remo i arado, proa e remo sempre") Velaquí a

Versos de Eva Veiga para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Comenta a poeta Eva Veiga , ao nos enviar a súa manda-homenaxe a Isaac Díaz Pardo, que esta iniciativa que desenvolvemos dende o Alento Esbravexo resulta moi necesaria, " porque é un acto de amor colectivo para quen tantísimo nos deu, tan merecido. E un acto de amor é, ao meu entender, un acto revolucionario, tal vez o máis efectivo e, se cadra, a día de hoxe un dos poucos realmente posibles. É unha Ética e unha Estética ". Esta autora das terras do Eume, tamén actriz, tamén xornalista que outrora desenvolve un importantísimo papel en diversos programas culturais da TVG, é unha das voces máis acreditadas da lírica galega. Quizais deberiamos medir os versos d' A  Distancia do tambor para certificarmos esta afirmación, ou lermos Soño e vértice , ou sermos donos do Silencio Percutido. .. Porén, bastaría con saber os recoñementos e galardóns acadados, mais seguramente o mellor de todos é aquel que o público lle entrega acotío co seu aplauso. E por algo será!! Ben haxa, poeta

Manuel Teira e Díaz Pardo, unha manda que irmanda

Imaxe
Coñecer a Manuel Teira Luaces é saber das súas calidades na oratoria, no verso -sobre todo-, pero tanto ou máis transformando a pedra en algo memorable... Porque se do verbo crea emoción ao facelo poesía, da pedra crea o mesmo sentimento ao erguela escultura. Un hemisferio do seu intelecto aboia en palabra, outro reside na cor e o volume que tamén xera arte... Teira, debemos lembrar, é autor do sereo en bronce co que Barbantia agasallou a Isaac Díaz Pardo canda o premio da cultura galega. Varias exposicións ten instalado por Galiza, India, Portugal, na Mostra Iberoamericana, Marbella (coa súa Feira Internacional), Vigo (Puro Arte), no Centro Español de Manhattan ( Nova York ) etc. Por iso as persoas que formamos parte do Alento Esbravexo sentímonos moi honradas coa súa participación nesta homenaxe ao Isaac, e máis aínda ao gustar de combiar as facetas nas que despunta: a plástica e palabra. Mais, homenaxear de xeito comunitario a unha figura tan grande como Isaac Díaz Pardo, reducila a

Un soneto de Miro Villar para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Dende o Alento Esbravexo temos a honra de poder contar con varios centos de persoas que, desinteresadamente, colaboran nesta homenaxe internacional a Isaac Díaz Pardo . Proceden de distintas xeografías (incluso continentes), de distintas culturas e de non poucas disciplinas artísticas e actividades sociais ou profesionais: a poesía, o teatro, o baloncesto, o gravado, a pintura, o debuxo, a narrativa, o ensaio, a música, a canción, o cinema, a colaxe... Mais dende a diferenza todas elas teñen algo en común: o cariño que as irmanda en realizar unha actividade que vai cumprindo meses como quen cumpre soños. Como un soño tamén é contar con Miro Villar , un dos poetas nacionais máis acreditados destes anos, un dos vates da Costa da Morte que navega por un Atlántico de apertas no que tamén singraron Manuel Antonio e Antón Zapata, autor este último biografado polo poeta de Cee.  Quen non coñeza o Abecedario da Desolación ignora un mar de sentimentos, quen non escoitase a buguina dos Gameleir

Soledad Penalta entrega a súa meditación a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo (autora: Soledad Penalta) Porque hai obras, sen dúbida, que son fariña doutra muiñada, que impactan non só polo que expresan senón tamén polo xeito de como o fan. Digamos que as ideas son coherentes co continente e ambos, na súa calidade, entra en simbiose dende a estética. Iso é o primeiro que nos vén á mente ao vermos a obra que Soledad Penalta entrega ao Alento Esbravexo para que lla fagamos chegar a Isaac . Pequena meditación dunha existencia nun camiño arduo  (autora: Soledad Penalta) A peza -de 61'5 por 52 e 35 centímetros de longo, largo e alto, respectivamente- está elaborada en aceiro inoxidábel. Sobre este soporte, e de forma manuscrita, a autora grava ideas léxicas para conformar outras ideas estéticas; e cicela palabras que traspasan ambas caras dunha fita albiceleste. Esa trénzaa con láminas metal, tal fosen vimbias para un cesto no que se recolle unha seitura de palabras que fan danzar ás bailadoras e bailadores. A

Cando Fernando Salgado Varela lle envía unha manda a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Monumento ás /aos fusiladas/os (creación de Isaac Díaz Pardo) Campo da Rata - A Coruña Fernando Salgado Varela  é xornalista no Diario de Pontevedra e outrora en medios como La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Diario de Galicia e Atlántico Diario. Mais ao tempo que exerce o seu labor no eido do xornalismo, verte reflexións e ensaios en revistas como A Trabe de Ouro, Tempos Novos e Ardentía..., alén de publicar libros tan espectaculares como El Humo del Diablo . No  Capitán Gosende  ten parte do seu fogar pois, como membro que é deste colectivo, gusta de colaborar na recuperación da Memoria Histórica de territorios como o de Cerdedo. Hai quen ousa dicir que de "Capitán Gosende" somos todas e todos, as e os que queremos pasar páxina sen obviar ningún capítulo da memoria, tal e como fixo Isaac Díaz Pardo. Resultado dese activismo, Salgado lanza "ensaios novelados" dignos dunha película de Buñel. Referímonos a aquel que leva por título 1306/36 , no que se rescata a

E a Isaac Díaz Pardo chégalle a manda de David Otero

Imaxe
Avelino Pousa Antelo e Isaac Díaz Pardo Quizais poucas persoas ignoren as actitudes e capacidades de David Otero . Quizais poucas descoñezan a súa total militancia dende a palabra "do galego", dende o seu amor á Terra -en xeral- e á Terra Galega -en xeral tamén-. Porque neste espello só existe un reflexo posíbel: aquel que ama o idioma, a Galiza, o pobo (e os pobos) e a cada un dos seres vivos. Certificamos que o seu Alento Esbravexo ten que ver con iso, pero tamén coa memoria, coa dignificación de persoas como Isaac Díaz Pardo , Avelino Pousa Antelo , Camilo Díaz Baliño e outras... Velaí que o ensaísta, autor de biografías sobre Castelao e Bóveda, Dieste e Ferro Couselo, non sexa deses laretas e leiriantes que tamén abundan, porque as persoas de palabra distínguense nos seus actos: "Para iso está o futuro", para comprometerse co legado. Tal e coma el se compromente, entre outras frontes de dignificación nacional, no rescate da memoria de Díaz Pardo. O David defíne