XOÁN XOSÉ FDZ. ABELLA ENTREGA MANDA A ISAAC
E no día de hoxe queremos trasladarvos a manda que con tanto agarimo entregou un dos nosos mellores poetas nacionais: Xoán Xosé Fernández Abella . Coñecidas son as súas rimas -sonetos, romances e outras estrofas- que sempre axilizan as emocións cando son recitadas por este vate. E fixádevos que ben soa o seu ritmo, que ben recenden os versos ateigados de terra, gratitude e compromiso tamén coas persoas grandes desta terra, entre elas Isaac . Este é o introito seguido da composición: " LOANZA SENTIDA A ISAAC Da miña "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo" (Intento de aproximación poética á súa biografía en 8 partes), recollida no meu libro L oanzas sentidas e outros poemas , recollo, por brevidade, a parte oitava titulada "Remate", na que me aproximo un chisco á persoa humilde, xigantesca e única do meu admirado Isaac Díaz Pardo. Velaí o "Remate": Fuches, sen selo, emigrante e exiliado voluntario, puro exemplo solidario do teu único talante. Santiagués universa...