Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Relato

UNHA MANDA DE ADELA FIGUEROA E CELSA SÁNCHEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
As biólogas Adela Figueroa Panisse e Celsa Sánchez Vázquez gustaron de nos traer unha súa manda para honrar a memoria de Isaac Díaz Pardo. O título da súa composición é A derradeira conversa, cuxo texto foi composto por Adela e a fermosa e simbólica ilustración por Celsa Sánchez Vázquez. A este respecto, a primeira das autoras sinala que "esta obra pretende recrear a última vez que vimos a Isaac, com quem mantinhamos fonda e longa amizade de muitos anos. Quer por ter eu participado nos diversos Encontros de Geologia do Noroeste Peninsular, organizados no Castro. Do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e com Isidro Parga . Quer por diversas atividades em que ele sempre ajudou .Isaac recolheu no Castro todo o material valiossisimo do trabalho de Dom Isidro Parga Pondal feito em Laxe, durante todos seus anos de exilio interior. Este material figura agora na Universidade da Corunha salvado e organizado por Joan Ramom Vidal Romani (antiguo secretário de Laboratorio Xeolóxico de Laxe) que ...