UNHA MANDA PARA ISAAC DA AELG
O presidente da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) Cesáreo Sánchez , achéganos esta alfaia que serviu de introdución a un recital de poemas que se fixo no Museo do Pobo Galego en Compostela. Ese acto deuse en chamar Homenaxe da AELG a Isaac Díaz Pardo e celebrouse alá por finais de 2011, case un mes xusto antes do seu pasamento. *** Querida familia de Isaac! Queridos Camilo e Xosé! Querida Mimina! Querido Isaac! Vimos as escritoras e os escritores galegos a che entregar hoxe o humilde froito da nosa palabra. Co corazón mancado vimos a che agradecer tanta vida a nós entregada. Sempre tiveches as portas da túa casa comunal aberta aos mais novos, sempre foi o noso fogar. Era o tempo no que o silencio arrasaba coma corisco a terra nosa. E ti construías os alicerces do tempo futuro. Castelao por Carlos Maside (Fundación Castelao) E nos fixeches participe da encomenda de Castelao de reconstruír o fogar desfeit...