CARICATURA DE ISAAC DÍAZ PARDO POR HÉITOR PICALLO
Isaac Díaz Pardo segundo Héitor Picallo Nesta seguinte entrada facilitamos unha caricatura que de Isaac Díaz Pardo realiza en 2012 Héitor Picallo . Está elaborada en técnica mixta, pois combina acuarela, tinta chinesa, recortes de xornais e teas de tapizar. Tal peza foi exposta na mostra Isaac Díaz Pardo: Luz e Compromiso , coordinada e ideada por Maka Arca Camba e Ana Mosquera. Inaugúrase no IES número 1 de Ordes no citado ano. Alén diso, a caricatura publícase no libro Coa Lingua na Terra (Toxosoutos 2013) do propio Héitor Picallo, ao carón dun manifesto titulado Isaac Díaz Pardo e o adeus ao Instituto Galego de Información , asinado por varias ducias de persoas vinculadas á cultura deste país que fora lanzado en xaneiro de 2010.