Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Pintura

UNHA MANDA DE ALOIA E MAMI PARA ISAAC

Imaxe
Man, manciña, tan, tan de Aloia e Mami A peza de hoxe titúlase   Man, manciña, tan, tan  e fáinola chegar un colectivo que se dá en chamar Aloia e Mami ; isto é: unha nena chamada Aloia, de 3 anos, e a súa nai Tareixa Martínez (máis coñecida nas redes como Tareixa Cereixa). Unha "peza" feita con pintura téxtil, plastilina e rotuladores sobre papel e na que usaron, ademais de pinceis, as propias mans. O importante para a súa elaboración, con independencia de realizalo con moito cariño e sentimento, é a intención de vencellar a Isaac coa  lingua de signos .  Animámosvos, pois, a descubrir que din esas mans que están debuxadas. Coméntanos Tareixa: Para min Isaac é Sargadelos, e Sargadelos é Isaac, e medrei nunha casa chea de cousas de Sargadelos: a casa da miña avoa materna. Miña avoa Teresa tiña unha chea de animaliños de Sargadelos no salón e a vaixela que inda agora, máis de 10 anos despois de que falecese, seguimos a usar para as festas. Na parede da entrada d...

UN PAXARO DE MARTA IGLESIAS ENTRÉGALLE UNHA MANDA A ISAAC

Imaxe
Folla Paxaro (óleo de Marta Iglesias) Marta Iglesias é quen de entregarnos, dende a sinxeleza das formas e a suavidade dos difuminados, unha peza sublime para conmemorar os 100 anos de Díaz Pardo . Trátase dun óleo de cores cálidas e proporcións de 100 X 100 cm que a autora, artista multidisciplinar, titula Folla Paxaro . Esta artista plástica describe a obra deste xeito: " Hai uns anos visitei a Isaac unha mañán de verán,  mesmo lembro ata a hora da conversa mantida sobre o estudo das formas, as súas proporcións e medidas, liñas e problemas espaciais e a relación destas coa natureza, falamos dos hexágonos, das abellas e os seus panais, das nervaduras da folla da figueira.... Eu faleille das follas da magnolia... Despois, pasado un tempo, collín unha folla de camelia seca e estívena a  observar, analizando a súa beleza durante uns días, a liña era simple como a forma dun paxaro, a súa proporción e contorno tamén e o meu sentimento foi lembrar esa fermosa mañán con Isaac. Leve...

COA MANDA BALDO RAMOS PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Morre o paxaro no aire (autor: Baldo Ramos) Dentro do panorama cultural galego, Baldo Ramos destaca por ser un autor polifacético que tanto aborda a pintura como a escrita, pero dende unha liña experimental. Velaí que procure que sexan visíbeis as interferencias entre a literatura e a plástica. É autor de diversas obras poéticas, mais dentro do eido da ilustración realiza estampas para libros de diversas escritoras e escritores galegos. Neste ano 2020 elabora a obra que aquí se reproduce e so pretexto de conmemorar o centenario de Isaac Díaz Pardo . Morre o paxaro no aire é o título desta tinta sobre papel que, no seu orixinal, ten unhas dimensións de 80 X 100 cm (en ancho e alto, respectivamente). Ao respecto da composición, o autor sinala: " Esta peza quere dialogar co incansable traballo de editor que Isaac Díaz Pardo levou a cabo ao longo de toda a súa vida profesional. O vermello nos libros de todos os editores de vangarda, entre os que hai que situar o fund...