UNHA MANDA DE ALOIA E MAMI PARA ISAAC
Man, manciña, tan, tan de Aloia e Mami A peza de hoxe titúlase Man, manciña, tan, tan e fáinola chegar un colectivo que se dá en chamar Aloia e Mami ; isto é: unha nena chamada Aloia, de 3 anos, e a súa nai Tareixa Martínez (máis coñecida nas redes como Tareixa Cereixa). Unha "peza" feita con pintura téxtil, plastilina e rotuladores sobre papel e na que usaron, ademais de pinceis, as propias mans. O importante para a súa elaboración, con independencia de realizalo con moito cariño e sentimento, é a intención de vencellar a Isaac coa lingua de signos . Animámosvos, pois, a descubrir que din esas mans que están debuxadas. Coméntanos Tareixa: Para min Isaac é Sargadelos, e Sargadelos é Isaac, e medrei nunha casa chea de cousas de Sargadelos: a casa da miña avoa materna. Miña avoa Teresa tiña unha chea de animaliños de Sargadelos no salón e a vaixela que inda agora, máis de 10 anos despois de que falecese, seguimos a usar para as festas. Na parede da entrada d...