UN SONETO DE JULIO MONTES PARA ISAAC DÍAZ PARDO
Pomba (Sargadelos) Julio Montes Santiago é quen de recordar o centenario de Isaac Díaz Pardo cunha fermosa composición poética, concretamente un soneto, que realiza ex professo para esta ocasión. O autor -médico internista en Vigo, poeta e escritor de libros moi interesantes que combinan a creación literaria coa medicina - malia non ser natural de Galiza agasállanos cuns sentidos versos escritos en galego. Velaquí a manda que entrega a Isaac. O exiliado protector A Isaac Díaz Pardo Voa, cara pombiña azul e branca cruzando pola noite estrelecida chorando pola terra tan ferida por un lúgubre terror que o pai arranca. Érguese a túa voz cálida e franca para avivar a Galicia tan durmida dunha ruda España tan esquecida nunha noi...