UNHA MANDA EPISTOLAR DE JUAN FERNANDO DE LAIGLESIA A ISAAC
O profesor Juan Fernando de Laiglesia, Catedrático emérito da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, fainos chegar a súa correspondente "achega" para incorporala a "Unha manda de pezas para Isaac". " Benquerido Isaac: O primeiro que fixen cando me instalei en Pontevedra para formar a Facultade de Belas Artes foi buscar como poder falar contigo e pedirche a túa opinión sobre o estado da arte na Galiza. Recibíchesme inmediatamente en agosto de 1990 no IGI (Instituto Galego de Información) onde a cociña, as mesas triangulares deseñadas por ti, a sala de reunións, o arquivo e a idea da nosa terra parecían ser o mesmo; toda unha inxección de espírito, un concepto de territorio e unha filosofía de vida. A miña intención era asegurar que houbese un fío condutor dende o Seminario de Estudos Galegos ás Belas Artes na Universidade do Noroeste Ibérico. Uns meses despois, no edificio do Fogar Provincial na rúa Serra de Pontevedra que acolleu os nacentes anos...