Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Edicios do Castro

UNHA MANDA CHEGADA DAS TERRAS DO SOL NACENTE PARA ISAAC, FEITA POR TAKEKAZU ASAKA

Imaxe
Flores de Iris , por Ohara Koson Das terras niponas chéganos a manda que hoxe presentamos. Pertence esta a Takekazu Asaka , un profesor de filoloxía románica na  Universidade Tsuda  (Toquio) moi vencellado coa Galiza dende 1975, cando caeu nas súas mans un exemplar do xornal d' A Nosa Terra en Madrid. Dende entón o seu amor pola lingua, literatura,... e cultura galega en xeral non fixo máis ca medrar. Chega a publicar varias Gramáticas de lingua galega para xaponeses e traducir á súa lingua materna obras de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra ou as cantigas do Xograr Martin Codax . Grazas a esta entrega sincera á patria galega e a súa difusión (en verbas de Francisco Fernández Rei) foi nomeado embaixador da lingua galega en Xapón e académico correspondente  da Real Academia Galega. De tantas ocasións que visita a nosa terra gañou o sobrenome cariñoso de Takiño entre todas aquelas persoas que o coñecen e tratan. Isaac foi un deles. E é por iso que nos env...

A LIBRARÍA COUCEIRO ABRE UNHA FIESTRA PARA DÍAZ PARDO

Imaxe
Escaparate da Libraría Couceiro (22 de agosto de 2020) - Centenario do Nacemento Isaac Díaz Pardo Con 51 anos achegando libro en galego e portugués aos lectores e lectoras, a Libraría Couceiro quixo homenaxear a I saac Díaz Pardo por medio dun escaparate. Libros editados en Ediciós do Castro, obras sobre Isaac, carteis de cego, pezas da Cerámica do Castro e de Sargadelos que lembran o intelectual que “facía cacharriños”, como el mesmo dicía. Unha banda en papel anuncia o motivo: Homenaxe a Díaz Pardo no centenario do seu nacemento 1920-2020 ; chega das mans dunha pintora e poeta, Soledad Pite, moi querida na cidade, porque nela tamén se fan presentes as palabras de Díaz Pardo: “Conten comigo no que poida”.  Participaron na organización, xunto coa familia Couceiro,   as dúas profesoras que en 2012   puxeron en marcha a exposición Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso , Maka Arca e Ana Mª Mosquera . O escaparate dunha libraría é unha xanela á cultura e á súa celebración, unh...

CONCHA BLANCO ENTREGA UNHA MANDA A ISAAC

Imaxe
E velaí vén, faiscante, a manda que a prolífica escritora Concha Blanco lle entrega en man a Isaac Díaz Pardo .  Cando o vento sopra a favor , título que rotula o texto da referida autora, é unha sentida homenaxe a aquela persoa, Isaac, que foi o seu primeiro editor, o primeiro impulsor da súa produción cultural (como aconteceu con tantos outros/as autores/as galegos/as). Que necesario resultou ser, quizais imprescindíbel, Ediciós do Castro !!!  CANDO O VENTO NON SOPRA A FAVOR Concha Blanco, Cousiñas prá escola (Ediciós do Castro 1984) Isaac Díaz Pardo foi quen puxo a primeira pedra nos alicerces da miña obra literaria. Non sempre se abren as portas cando petas nelas, pero ás veces amais de abrírense as portas tamén se franquean as ventás. Isto foi o que me ocorreu a min cando timidamente contactei con Edicións do Castro coa intención de amosarlle as miñas “Cousiñas” e os meus “Contos” na nosa lingua. Era consciente de que eu non tiña un nome no m...