UN POEMA DE SALVADOR GARCÍA-BODAÑO PARA ISAAC
Castelao (Sargadelos) Con verso áxil Salvador García-Bodaño recorda a biografía de Isaac Díaz Pardo , dende o seu nacemento na cidade de Compostela, na casa da Tumbona, até a súa etapa creativa. O autor, membro da Real Academia Galega e prolífico escritor na nosa lingua propia, trae na súa escrita aqueles crueles episodios do levantamento militar que lle arrebatarían a vida a Camilo Díaz Baliño, así como a milleiros de persoas (tantas aínda sen recuperar os corpos polos seus familiares, tantas desaparecidas, tantas...). E delata aos asasinos da falanxe, e recorda a historia, e fai fincapé en varias das grandes virtudes que gozou Isaac: ser difusor e defensor da cultura e idioma de Galiza, restaudor da patria asoballada e axente activo na resistencia a prol da creatividade. Aquí queda o poema-agasallo, fermoso e valente. ACORDANZA ...