CONCHA BLANCO ENTREGA UNHA MANDA A ISAAC
E velaí vén, faiscante, a manda que a prolífica escritora Concha Blanco lle entrega en man a Isaac Díaz Pardo . Cando o vento sopra a favor , título que rotula o texto da referida autora, é unha sentida homenaxe a aquela persoa, Isaac, que foi o seu primeiro editor, o primeiro impulsor da súa produción cultural (como aconteceu con tantos outros/as autores/as galegos/as). Que necesario resultou ser, quizais imprescindíbel, Ediciós do Castro !!! CANDO O VENTO NON SOPRA A FAVOR Concha Blanco, Cousiñas prá escola (Ediciós do Castro 1984) Isaac Díaz Pardo foi quen puxo a primeira pedra nos alicerces da miña obra literaria. Non sempre se abren as portas cando petas nelas, pero ás veces amais de abrírense as portas tamén se franquean as ventás. Isto foi o que me ocorreu a min cando timidamente contactei con Edicións do Castro coa intención de amosarlle as miñas “Cousiñas” e os meus “Contos” na nosa lingua. Era consciente de que eu non tiña un nome no m...