Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Manda de pezas

UNHA MANDA PARA ISAAC CHEGADA DENDE OS ANTÍPODAS POR EKATERINA VOLKOVA

Imaxe
A Galicia que Isaac leva na cabeza (Autora: Ekaterina Volkova) Hoxe presentamos unha peza que nos enviaron dende os antípodas galegas, isto é dende Nova Zelandia. Esta alfaia foi realizada por Ekaterina Volkova , unha investigadora rusa que traballa na Universidade de Auckland e que, de cando en cando, se achega a Compostela para se enchoupar da cultura galega (tanto a nivel histórico como actual). Leva varios anos estudando a plástica galega en concreto e a cultura galega en xeral, facendo pequenas mostras e presentacións monográficas sobre pintura, literatura, cartelismo,... Arestora anda a traballar nun proxecto ao que lle deu en chamar "(Re)imaxinando a galeguidade. A cultura visual e a identidade nacional en Galicia" . A peza que lle dedica a Isaac Díaz Pardo e que incluímos en Unha manda de pezas para Isaac titúlase A Galicia que Isaac leva consigo . Cando lle preguntamos en que se inspirou para facer este cadro, díxonos:  " Para a realización deste traballo, insp...

UNHA MANDA DE NOEMÍ LÓPEZ PARA ISAAC

Imaxe
A serea azul (Autora: Noemí López) A presente alfaia que presentamos titúlase  A serea azul  e pertence a unha ilustradora de Lugo chamada Noemí López , aínda que ela di que o seu traballo é o de "contadora de historias con imaxes". E é certo, pois leva xa uns 25 anos dedicándose a isto, facendo unha manchea de traballos para diversos medios de comunicación e soportes. Preguntámoslle que é o que máis lle motiva á hora de crear e dinos: A miña paixón son os libros de ficción para o público infantil e xuvenil e aquí tiven a sorte de facer equipo con escritores como con María Canosa, Antonio Reigosa, Xosé Antonio Neira, Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Xerardo Quintiá, entre outros. Así e todo, tamén traballei e traballo ilustrando variados proxectos como libros de texto, guías, cartelaría, animación e impartindo obradoiros e parladoiros sobre ilustración . Respecto á peza coa que quere homenaxear a Isaac a través da nosa iniciativa, comenta o seguinte: Esta serea xorde dunh...

UNHA MANDA PARA ISAAC DA AELG

Imaxe
O presidente da  AELG   (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) Cesáreo Sánchez , achéganos esta alfaia que serviu de introdución a un recital de poemas que se fixo no Museo do Pobo Galego en Compostela. Ese acto deuse en chamar Homenaxe da AELG a Isaac Díaz Pardo  e celebrouse alá por finais de 2011, case un mes xusto antes do seu pasamento. *** Querida familia de Isaac! Queridos Camilo e Xosé! Querida Mimina! Querido Isaac! Vimos as escritoras e os escritores galegos  a che entregar hoxe o humilde froito da nosa palabra. Co corazón mancado vimos a che agradecer tanta vida a nós entregada.   Sempre tiveches as portas da túa casa comunal aberta aos mais novos, sempre foi o noso fogar.   Era o tempo no que o silencio arrasaba coma corisco a terra nosa. E ti construías os alicerces do tempo futuro. Castelao por Carlos Maside (Fundación Castelao) E nos fixeches participe da encomenda de Castelao de reconstruír o fogar desfeit...

UNHA MANDA DE MARICA CAMPO PARA ISAAC

Imaxe
Dos eidos da "Terra Brava" de Lugo chega ás nosas mans esta peza textual conmemorativa de Marica Campo , adicada a Isaac. Tal como se fose a mesma historia do Rei Lear de William Shakespeare, achéganos unhas lembranzas vividas e compartidas, a través dun alento esbravexo que reclama xustiza. *** Como o rei Lear Tería que lle pedir desculpas a Isaac Díaz Pardo por comparalo cun rei, a el que, sen dúbida, era republicano. Porén, coas palabras que Shakespeare pon en boca de Corelia, a filla dilecta de Lear, quero iniciar esta breve manda: “Non somos os primeiros que, obedecendo as intencións máis honradas e querendo obrar ben, caeron nas maiores desventuras” .  Os motivos dun dos galegos máis egrexios do século XX ben se poderían cualificar  así, de honrados e cheos de boa intención. Mais sería inxusto deixalos só niso. A creatividade, intelixencia e sinxeleza dunha persoa así, merecen que o xuízo da historia lle sexa –como lle é- máis favorábel que o das leis interpretadas des...

UNHA MANDA CHEGADA DAS TERRAS DO SOL NACENTE PARA ISAAC, FEITA POR TAKEKAZU ASAKA

Imaxe
Flores de Iris , por Ohara Koson Das terras niponas chéganos a manda que hoxe presentamos. Pertence esta a Takekazu Asaka , un profesor de filoloxía románica na  Universidade Tsuda  (Toquio) moi vencellado coa Galiza dende 1975, cando caeu nas súas mans un exemplar do xornal d' A Nosa Terra en Madrid. Dende entón o seu amor pola lingua, literatura,... e cultura galega en xeral non fixo máis ca medrar. Chega a publicar varias Gramáticas de lingua galega para xaponeses e traducir á súa lingua materna obras de Rosalía de Castro, Ramón Cabanillas, Uxío Novoneyra ou as cantigas do Xograr Martin Codax . Grazas a esta entrega sincera á patria galega e a súa difusión (en verbas de Francisco Fernández Rei) foi nomeado embaixador da lingua galega en Xapón e académico correspondente  da Real Academia Galega. De tantas ocasións que visita a nosa terra gañou o sobrenome cariñoso de Takiño entre todas aquelas persoas que o coñecen e tratan. Isaac foi un deles. E é por iso que nos env...

A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS E A SÚA MANDA A ISAAC

Imaxe
Nesta iniciativa d' Unha manda de pezas para Isaac tamén participa a Asociación Galega de Editoras . Achéganos un texto onde podemos (re)descubrir a faceta de Isaac como editor. ISAAC EDITOR O 16 de decembro de 2006, durante a segunda Noite da Edición da Asociación Galega de Editoras, celebrada no Liceo Casino de Pontevedra, o noso gremio nomeaba a Isaac Díaz Pardo Presidente de Honra desta Asociación . (Naquel acto tamén se recoñecía a Sabino Torres cun Premio á Edición Histórica). Dende ese 2006 Isaac pasaba a ser o primeiro, e único ata hoxe, presidente de Honra da Asociación Galega de Editoras, o colectivo que, creado en 1982, integra hoxe corenta selos editoriais e o 90% da produción editorial do país. A dimensión como editor de Isaac Díaz Pardo é fundamental para entender a reconstrución cultural que viviría Galicia, directamente dende a Transición, pero xa moitos anos antes, en plena ditadura, dende comezos dos anos sesenta. Por una banda, el representa, na súa propia figura...

A MANDA DE MENINHEIRA PARA ISAAC

Imaxe
Mónica Fragueiro Carrera, máis coñecida como Meninheira fainos chegar unha alfaia para Isaac, facéndolle unha chiscadela ao mesmo tempo a Rosalía de Castro. Cando lle indicamos que nos falase un chisco sobre ela, sen dubidalo díxonos: Ainda que os papelinhos do governo dim que tenho 48 anos, eu juro-vos que nom passo dos 20, tamém conhece-me como Mónica Fragueiro Carrera, mas hai moitos anos que sou meninheira, meni. E meninheira é nome que emprego nos meus emprendementos como freelance. Sou desenhadora gráfica, ainda que tamém elaboro material educativo imprimível. Nai de três, tamém milito a favor da criança respeitosa e a liberdade educativa. No que atinxe á "peza" que nos presenta explícanos: Para o  8M do 2019 e usando um prato e um'ha figa -ambalas duas pezas de Sargadelos- montei um símbolo feminista, alonxado do mais empregado, o símbolo coa cruz, que como saberedes vem do espelho de venus, o punho ergueito tem um significado moito máis poderoso, e ademai...

UNHA MANDA DE XAQUÍN NOVOA PARA ISAAC

Imaxe
Xaquín Novoa , fotógrafo e sociólogo, ten realizado un bo número de exposicións individuais e colectivas das que cómpre resaltar aquelas instaladas na Casa da Conga, na Galería Sargadelos e na Casa da Parra (en Compostela), nos Ateneos Ferrolán e Ourensán, na Casa de Galicia (en Madrid)... Tan importante como estas é a que percorre as distintas sedes do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), sendo títulos das súas mostras:       Fiestras (1987)       Cables (1987)       Gresite (1989-1990)       Feitizos cativos (1995) Da súa autoría é  Cabeleira de Pedra , que contou coa participación de Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes. Por iso, ante a sensibilidade que manifesta, non quixo perder a ocasión para nos enviar unha súa "peza" adicada a Isaac Díaz Pardo. Con ela resúmese parte dunha historia escrita en cerámica e palabra impresa, narrada en azul e branco e tinguida de esperanza cultural.

UNHA MANDA DE ALOIA E MAMI PARA ISAAC

Imaxe
Man, manciña, tan, tan de Aloia e Mami A peza de hoxe titúlase   Man, manciña, tan, tan  e fáinola chegar un colectivo que se dá en chamar Aloia e Mami ; isto é: unha nena chamada Aloia, de 3 anos, e a súa nai Tareixa Martínez (máis coñecida nas redes como Tareixa Cereixa). Unha "peza" feita con pintura téxtil, plastilina e rotuladores sobre papel e na que usaron, ademais de pinceis, as propias mans. O importante para a súa elaboración, con independencia de realizalo con moito cariño e sentimento, é a intención de vencellar a Isaac coa  lingua de signos .  Animámosvos, pois, a descubrir que din esas mans que están debuxadas. Coméntanos Tareixa: Para min Isaac é Sargadelos, e Sargadelos é Isaac, e medrei nunha casa chea de cousas de Sargadelos: a casa da miña avoa materna. Miña avoa Teresa tiña unha chea de animaliños de Sargadelos no salón e a vaixela que inda agora, máis de 10 anos despois de que falecese, seguimos a usar para as festas. Na parede da entrada d...

UNHA MANDA EPISTOLAR DE JUAN FERNANDO DE LAIGLESIA A ISAAC

Imaxe
O profesor Juan Fernando de Laiglesia, Catedrático emérito da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, fainos chegar a súa correspondente "achega" para incorporala a "Unha manda de pezas para Isaac". " Benquerido Isaac: O primeiro que fixen cando me instalei en Pontevedra para formar a Facultade de Belas Artes foi buscar como poder falar contigo e pedirche a túa opinión sobre o estado da arte na Galiza. Recibíchesme inmediatamente en agosto de 1990 no IGI (Instituto Galego de Información) onde a cociña, as mesas triangulares deseñadas por ti, a sala de reunións, o arquivo e a idea da nosa terra parecían ser o mesmo; toda unha inxección de espírito, un concepto de territorio e unha filosofía de vida. A miña intención era asegurar que houbese un fío condutor dende o Seminario de Estudos Galegos ás Belas Artes na Universidade do Noroeste Ibérico. Uns meses despois, no edificio do Fogar Provincial na rúa Serra de Pontevedra que acolleu os nacentes anos...

HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO (22 de agosto de 2020)

Imaxe
A mediados do mes de xuño, un grupo de persoas (Pilar Sampedro, David Otero, Héitor Picallo, Martiño Picallo, Maka Arca e Ana de Vilatuxe) decidimos levar adiante unha iniciativa que recollese a participación da sociedade civil para homenaxear a este home infinito , o home máis querido de Galicia , en palabras de Manolo Rivas. Desde o primeiro momento proxectabamos unha homenaxe que consistiría, en principio, nunha exposición virtual aberta, na que puidesen participar xente do común e artistas recoñecidos de dentro e fóra de Galicia, con “mandas” de distintas temáticas, diferentes expresións artísticas, idades, procedencias...  O 8 de xullo inaugúrase o blogue  ( https://mandadepezasparaisaac.blogspot.com/ ) informando da proposta do colectivo  Alento esbravexo  e detallando as bases do proxecto. A partir dese momento, o noso soño convértese en realidade: até nós van chegando pezas e máis pezas até arredor de 250: poesía, lembranzas, artigos xornalísticos, ensaios, ...

UNHA MANDA DE MAKA ARCA E ANA MARÍA MOSQUERA CHEA DE LUZ E COMPROMISO PARA ISAAC

Imaxe
Cartaz da exposición Luz e Compromiso - IES número 1 de Ordes - maio-xuño 2012 (deseño: Martiño Picallo) A peza que vos presentamos hoxe procede de dúas profesionais do ensino público, Maka Arca e Ana María Mosquera, que aló polo 2012 lles deu por reivindicar a figura de Isaac Díaz Pardo entre o alumnado do IES núm.1 de Ordes (A Coruña) mediante unha mostra que abranguía diversos ámbitos da vida e da profesión. Esta mostra foi rotulada co nome “Isaac Díaz Pardo. Luz e Compromiso” e tivo tal aceptación que mesmo estivo noutros centros de ensino do país como o IES de Brión , CEIP de Touro , o IES Lamas de Abade en Compostela (todos eles na provincia da Coruña) ou o CEIP Aurelio Rey García de Cuntis (na de Pontevedra) ou na Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Aínda é hoxe o día que está dispoñíbel para todos aqueles que o precisen. Esta é a alfaia que nos mandan Maka e Ana, recoñecidas defensoras de figuras egrexias coma a de Isaac Díaz Pardo ...

A MANDA DE MERO COA MEMORIA DE ISAAC

Imaxe
Debuxo de Isaac Díaz Pardo (ano 1973) Baldomero Iglesias Dobarrio - Mero - súmase á homenaxe a Isaac Díaz Pardo cun texto no que recorda as vivencias con el, dende a proximidade, a coincidencia e o compromiso. Compromiso como o que sempre tivo Mero dende o contexto da defensa dos dereitos sociais, das liberdades públicas... Coñecido cantautor, poeta, narrador e cofundador de grupos imprescídibeis dentro do panorama musical, social e cultural galego (nomeadamente Fuxan os Ventos e A Quenlla ), o mestre de Vilaba canta deste xeito: " De Isaac Díaz Pardo, na sorte de telo coñecido! Véñense á memoria moreas de vivenzas compartidas na fortuna dos camiños e andainas. As máis lonxincuas son xa daqueles momentos subvertidos nas incipientes liberdades dos anos oitenta, nos tempos que organizaba actividades culturais e concertos en Sargadelos, onde era a cabeza pensante, o director técnico e o primeiro en abrir pola mañá, moi cedo ou de pechar cando o corpo llo pedía, normalmente cedo, de...