UNHA MANDA DE NOEMÍ LÓPEZ PARA ISAAC
A serea azul (Autora: Noemí López) |
Preguntámoslle que é o que máis lle motiva á hora de crear e dinos: A miña paixón son os libros de ficción para o público infantil e xuvenil e aquí tiven a sorte de facer equipo con escritores como con María Canosa, Antonio Reigosa, Xosé Antonio Neira, Paula Carballeira, Fina Casalderrey, Xerardo Quintiá, entre outros. Así e todo, tamén traballei e traballo ilustrando variados proxectos como libros de texto, guías, cartelaría, animación e impartindo obradoiros e parladoiros sobre ilustración.
Respecto á peza coa que quere homenaxear a Isaac a través da nosa iniciativa, comenta o seguinte: Esta serea xorde dunha viaxe de ida e volta. Unha viaxe dende a miña imaxinación ata o imaxinario de Isaac Díaz Pardo e ata o que eu imaxinei que el setiu e pensou pra dar forma ás súas creacións. Desa viaxe voltei con tódalas ideas que puiden recoller e, con estes retallos, din forma a esta nova serea azul, inspirada polos seus ideais de xustiza, e tamén polas súas cores, formas, a muller e o mar.
Comentarios
Publicar un comentario