MANDA DE ENCARNA OTERO PARA ISAAC
A historiadora e política nacionalista galega Encarna Otero gusta de agasallar a Isaac con este par de imaxes. Con elas cavilamos todas/os e iniciamos os recordos... Coa primeira indica: " O pracer da leitura partillada tomou forma para sempre en Sargadelos ". A segunda vén acompañada desta reflexión: " O mundo e a vida colleron forma, cor, movemento e ledicia co caolín galego e a as mans e o alento de tantas xentes que Isaac Díaz Pardo uniu no proxecto Sargadelos – O Castro, un dos símbolos culturais e empresariais de Galiza ".