Publicacións

De Isabel Pintado para Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O Libro de Isaac (obra de Isabel Pintado) O libro de Isaac é a obra que hoxe nos entrega a pintora, gravadora e docente Isabel Pintado . Polifacética, como se observa, compaxina esta disciplina artística con outras que teñen que ver coa palabra. Velaí a súa vinculación co teatro, a ilustración de libros infantís e a publicación de diversas obras e artigos. Por outra banda a peza plástica que nos achega é realmente suxestiva, como se gustase de nos enviar unha metáfora da arte céramica: logo do gris, das sombras (da pólvora incluso se queremos) agromou a cor, a imaxe, a silueta, a forma... o azul cobalto combinado con tinguiduras cálidas. Agardo que vos guste tanto coma a nós... Beizóns, Isabel!

Dende Bélxica, e para Isaac Díaz Pardo, un poema de Ramón Neto

Imaxe
Fotografía de Ruth Matilda Anderson Xa hai ben tempo coincidimos con Ramón Neto no Matonge de Bruxelas... Alí falouse de poesía, tamén con Ana Miranda, Xavier Queipo, Cé Tomé... Barallamos fotografías e colaxes feitas por este último artista e varias amizades comezaron a xurdir sen sermos totalmente conscientes.  A rapaza que leva na cabeza un mundo de cousas Encol do taboleiro da mesa, como quen distribúe o peixe enriba do corpo dunha dorna, ciscamos ideas sobre a cultura galega actual, sobre a necesidade de vogarmos todos nunha mesma dirección: así habíamos gardar da palabra, do idioma... e recuperaríamos a imaxe daquelas persoas grandes que nos precederon e levaron un mundo sobre as súas cabezas... Dende aquela, a dorna de Ramón segue a súa singradura conectando os Polders belgas co arquipélago de Xapón. Ora ben, sen desconectar nunca da Illa de Arousa, de Areoso, Noro, Vionta e o Con de Tres Pés... O "risón" continúa en Semuíño, próximo ao Peirao de Pau. E dende alí, dend

En Galeras, manda de xantares para Isaac

Imaxe
Manda de xantares El Romero A Plataforma Galeras acolle a veciñanza da zona onde naceu (1920) e viviu Isaac Díaz Pardo ata 1936 (que ten que fuxir á Coruña escapando do fascismo). Cando se achegaba a data do centenario de Isaac Díaz Pardo (22 de agosto), a asociación veciñal convocou aos establecementos de restauración da súa área para facer algo que recordara ao ilustre veciño.  Sempre pasan cousas cando xuntamos dignidade e cohesión social, cando unimos a comida que nos alimenta e as relacións. A primeira delas foi que Quique, da Horta do Obradoiro, nos puxo a traballar. -    A ver se podemos saber que lle gustaba, o que comía... Galeras Daquela tivemos que buscar xente coñecida que compartira con certa asiduidade, xantares con Díaz Pardo. Esperanza Lema falounos do larpeiro que era. Vizoso (que viviu con el uns tres anos no IGI) contaba que era moi austero, que comía coma un paxariño, pero que era agradecido e todo lle gustaba. Coincidía con Esperanza en que lle gustaba moito de

Xosé Ramón Fandiño, 1936 e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Camilo Díaz Baliño cos seus fillos: Chita e Isaac (ano 1925) Gran coñecedor da vida e quefaceres de Isaac Díaz Pardo é o seu amigo Xosé Ramón Fandiño. Escritor e editor, comparte angueiras con Isaac no IGI, colabora na Radio Galega e, como gran coñecedor da literatura do noso país, coordina a Gran Enciclopedia Galega... Oro de la amanecida, de Manuel Fuentes Jorge (con portada de Camilo Díaz Baliño) Sempre compartimos con el conversas vinculadas a Sargadelos, ás librarías e editoras históricas de Compostela, non unicamente a afamada editorial Nós, senón aqueloutra que xunto con Arturo Cuadrado xestionaba Xohán Xesús González... "En Compostela soterraron a semente / chamada Xohán Xesús González, porta / dun futuro suntuoso e proletario / que avanza cara nós con alboroto / e vénme o arreguizo somentes de pensalo e de amalo" (Xosé Luís Méndez Ferrín) Porque Fandiño vén sabe desas historias, como daquela novela que editada por Niké (impresa en El Eco de Santiago) consegue ser es

María Pousa, Arte, Bibliotecas e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
María Pousa tamén gusta de participar na homenaxe a Isaac Díaz Pardo, de entregar o seu grao de area a esta causa: a de visibilizar a aquel xenio que hai cen anos naceu e foi quen de estender a imaxe dun país -dende o eido da cerámica artística- por todo o mundo. Historiadora da arte e mestra, leva máis de 30 anos traballando na aula coa arte como ferramenta de achegamento ao mundo no que vivimos, de fomento da creatividade e do espírito crítico...". Velaí un outro convite para pórse na pel do outro. Para María esta é " unha oportunidade persoal  para aprender, xunto co meu alumnado, dos e das artistas que non coñecín no meu paso pola universidade galega ". Hogano traballa nas bibliotecas escolares, nas que procura " a presenza da Arte Galega en todas as súas facetas ". Ben haxa, María... e moita cor nas vidas de todas/os!!

Xosé Cobas e as engurras de Isaac

Imaxe
Recoñecido ilustrador, deseñador gráfico e artista plástico é Xosé Cobas . A súa traxectoria avala a importancia que acadou dentro do eido da ilustración galega. Os premios son moitos, aínda que quizais non é que realmente importe sobre todo. Porque consideramos, dende o Alento Esbravexo, que o que realmente resulta significativo é o camiño, a superación, querer chegar a un meta sen pausas pero sen présa. E referímonos ás obras do autor elaboradas co pincel, pois a calidade técnica foi quen de facer unha man, e crear estilo, pero tamén a neurona soubo dirixila cara ás interpretacións pouco fortuítas e si cara á diana dos contidos.  De que serve ter a técnica aprendida se a mensaxe non existe. Velaí que Xosé Cobas coñeza que ambas cousas son irrenunciábeis. E para mostra, este pequeno botón, o que lle dedica a xeito de manda a Isaac Díaz Pardo. As preguntas son: que significa unha bóla de papel engurrado? Que ten que ver co xenio e inxenio do señor de Sargadelos? Para que serve ese envo

III Premio Leixaprén, recordado nunha manda, a Isaac Díaz Pardo

Imaxe
Daquela Domingo Ramón Campos Alborés era coordinador do Equipo de Normalización Lingüística do IES Campo de San Alberto de Noia. Ocupaba a dirección Julio Caamaño. Nese 2002 acordárase entregar o III Premio Leixaprén na defensa da lingua a Isaac Díaz Pardo, e con pluma áxil así o relata o propio Domingo Campos, profesor nese centro de ensino. El tamén nos facilita un outro documento histórico, unha fotografía tirada nese acto na que se identifican, ademais de a Isaac, a Roberto Vidal Bolaño e ao citado Julio Caamaño. Pero esta manda, redactada polo pulso de Domingo Campos Alborés vén a demostrar tres cousas no fundamental: a defensa de Isaac ao idioma galego, o feito de que este era outro mérito que se lle recoñeceu en vida e, por último, que compré rescatarmos a "este xigante de talla pequena pero de espírito inmenso". Fan falla moitas mans para remar no mar da memoria e da Xustiza... Por iso, gustamos de todas as achegas que teñen no horizonte esta meta. Beizóns e moita luz