Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Ceramica

A LIBRARÍA COUCEIRO ABRE UNHA FIESTRA PARA DÍAZ PARDO

Imaxe
Escaparate da Libraría Couceiro (22 de agosto de 2020) - Centenario do Nacemento Isaac Díaz Pardo Con 51 anos achegando libro en galego e portugués aos lectores e lectoras, a Libraría Couceiro quixo homenaxear a I saac Díaz Pardo por medio dun escaparate. Libros editados en Ediciós do Castro, obras sobre Isaac, carteis de cego, pezas da Cerámica do Castro e de Sargadelos que lembran o intelectual que “facía cacharriños”, como el mesmo dicía. Unha banda en papel anuncia o motivo: Homenaxe a Díaz Pardo no centenario do seu nacemento 1920-2020 ; chega das mans dunha pintora e poeta, Soledad Pite, moi querida na cidade, porque nela tamén se fan presentes as palabras de Díaz Pardo: “Conten comigo no que poida”.  Participaron na organización, xunto coa familia Couceiro,   as dúas profesoras que en 2012   puxeron en marcha a exposición Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso , Maka Arca e Ana Mª Mosquera . O escaparate dunha libraría é unha xanela á cultura e á súa celebración, unh...

CERÁMICA DA ULLA AGASALLA CUN CENTRO DE BOLBORETAS A ISAAC

Imaxe
Centro de Bolboretas (Cerámica da Ulla) Mario Rodríguez Feijoo é o responsábel de Cerámica da Ulla , un obradoiro artesanal e familiar localizado na parroquia de San Mamede de Ribadulla (Vedra). Neste taller  Isaac Díaz Pardo realiza a derradeira peza cerámica, nos mesmos nos que Mario Rodríguez é quen de elaborar unha fonte, titulada  Compro miso coa Ciencia , por medio da cal colabora coa Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica , que dirixe o prestixioso profesor Anxo Carracedo .  Un Centro de Bolboretas Desta volta é Cerámica da Ulla a que homenaxea a Isaac Díaz Pardo cunha fermosa peza co gallo do centenario do seu nacemento. Ofrécelle, coas mans abertas, un Centro de Bolboretas. Dende o obradoiro xustifíca o agasallo deste fermoso xeito: "(...) porque el enchía as nosas mesas e as nosas casas co seu bo facer, porque nos representou no mundo cunha calidade indubidable, porque foi un home polifacético que fixo unha grande achega á arte e á cultura, pero tam...

PILAR SAMPEDRO ESTENDE UNHA MANDA PARA ISAAC

Imaxe
Pilar Sampedro , grande impulsora de multitude de iniciativas culturais, membro dunha manchea de colectivos que navegan polos regos da identidade galega, da difusión da lectura e da igualdade de xénero, participa dende a palabra con este texto que busca colaborar na conmemoración do aniversario de Isaac. Alén de formar parte de Alento Esbravexo e do colectivo Na Varanda , é autora de numerosos materiais didácticos, experta en literatura infantil, bibliotecas escolares e agasalla ao homenaxeado -e igualmente a todas e todos nós- con este fabuloso texto, sen dúbida poético, sen dúbida sentido e tinguido de valentía, e evidentemente que toca a febra do amor. Amais diso, fíxadevos con que composición tan fermosa ilustra as súas palabras!!! " Se tivera que escoller unha icona lembraría a moeda de pago á xente da cultura o agasallo de voda o detalle para que te lembres do país o azul cobalto que tivemos en cada casa: a vaixela na cociña, os xogos de café, a figura do...

UNHA MANDA DE ANA PILLADO VEGA PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Filomena (autora: Ana Pillado) Nadadora nocturna (autora: Ana Pillado) A seguinte manda-homenaxe entregada para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo procede de Ana Pillado Vega , quen explica as súas pezas cerámicas do xeito que reproducimos na súa literalidade. " No ano 2001 tiven a fortuna de asistir á 'Escola Libre de Cerámica do Castro' nas instalacións da fábrica en Samoedo (Sada) . O prestixio da 'Escola'   e a posibilidade única que brindaba desenvolver a aprendizaxe nun entorno tan privilexiado, convertían a experiencia nunha oportunidade moi demandada e recoñecida internacionalmente. De feito, entre os asistentes había ceramistas non só do Estado español senón tamén   doutros países de Europa e América. Parella (autora: Ana Pillado) Premio da 'Asociación de escritores e escritoras en lingua galega' (autora: Ana Pillado) A 'Escola' era absolutamente gratuíta e durante a aprendizaxe traballam...