A LIBRARÍA COUCEIRO ABRE UNHA FIESTRA PARA DÍAZ PARDO

Escaparate da Libraría Couceiro
(22 de agosto de 2020) - Centenario
do Nacemento Isaac Díaz Pardo

Con 51 anos achegando libro en galego e portugués aos lectores e lectoras, a Libraría Couceiro quixo homenaxear a Isaac Díaz Pardo por medio dun escaparate.

Libros editados en Ediciós do Castro, obras sobre Isaac, carteis de cego, pezas da Cerámica do Castro e de Sargadelos que lembran o intelectual que “facía cacharriños”, como el mesmo dicía.

Unha banda en papel anuncia o motivo: Homenaxe a Díaz Pardo no centenario do seu nacemento 1920-2020; chega das mans dunha pintora e poeta, Soledad Pite, moi querida na cidade, porque nela tamén se fan presentes as palabras de Díaz Pardo: “Conten comigo no que poida”. 

Participaron na organización, xunto coa familia Couceiro,  as dúas profesoras que en 2012  puxeron en marcha a exposición Isaac Díaz Pardo: luz e compromiso, Maka Arca e Ana Mª Mosquera.

O escaparate dunha libraría é unha xanela á cultura e á súa celebración, unha exposición de motivos, unha declaración de intencións que non nos deixa indiferente. A través desa ventá os libreiros móstrannos que clase de libro defenden e cal é o seu compromiso co país. Couceiro lévao facendo máis de medio século.


Esta fiestra para Isaac semella dividirse en varios pisos. Por exemplo, no entrechán atopamos un gravado da súa autoría. No que podemos considerar o andar inferior dese edificio imaxinario móstrase a figura de Castelao en azul cobalto á beira do cartel de cegos que leva o seu nome, un catálogo da exposición Isaac
Libraría Couceiro (22-08-2020)
Díaz Pardo. Pinturas e fracasos
(unha das últimas realizadas en vida do artista), un xarrón do Castro en cerámica branquísima que recolle flores semprevivas nas cores republicanas das que el gustaba, unha botella de albariño coa súa efixie na etiqueta, a Pimpinela danzarina, o libro Memorias dun neno labrego mostrando unha ilustración das máis representativas da autoría de Isaac, un medallón coa árbore da vida, a peza da parella de lectores, a tarxeta dunha galería de arte de Sidnei coa imaxe dun xogo de café de Sargadelos baixo o epígrafe “beautiful ceramics – from the earth for the table”, o libro Galicia hoy y el resto del mundo de Isaac Díaz Pardo na colección Documentos para a
Libraría Couceiro (22-08-2020)
historia contemporánea de Galicia
de Ediciós do Castro, o cartel de cegos O crime de Londres, a figura dun gaiteiriño de Sargadelos, un par de pezas representando unha esvelta parella nunha cerámica que continúa a ser vangarda vista cos ollos de hoxe e o libro O ollar clarividente de Isaac Díaz Pardo.
Colaboracións xornalísticas en edición de Xosé Ramón Fandiño e publicado polo Consorcio de Santiago.Pezas escollidas co coñecemento e o afecto para realizar unha composición que nos lembre a sorte de ser coetáneos do home que onte, 22 de agosto de 2020, cumpriría cen anos.
Unha xanela para Isaac Díaz Pardo na Libraría Couceiro (22-08-2020)

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños