Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños
Véxote... (peza de Ana de Vilatuxe) |
Das terras de Lalín vén a manda de hoxe, unha manda elaborada por unha das compoñentes do Alento Esbravexo, de aí que o que se poida dicir dela sempre vai saber a pouco. Chámase Ana Iglesias Otero, mais para todo o mundo é Ana de Vilatuxe: nas súas costas gusta de levar o estandarte das orixes e da palabra versificada en celeste.
Véxote... (peza de Ana de Vilatuxe) |
Día tras día, e coma unha verdadeira Penélope, ía tecendo ideas para homenaxear a Isaac. Logo volvía destecelas e de novo ganduxaba outra. Creaba e derrubaba as súas pezas nunha catarse creativa, cíclica, en ziczac, como cando se pican as lapelas das chaquetas de bo xenero ou de pano. Ao final ficou esta última idea como definitiva. Colleu o teléfono e chamou a un dos caricaturistas máis representativos de Galiza e que xa ten colaborado connosco para honrar a Isaac. Siro, o artista a quen telefona, acepta de bo grao que a tecelá de soños enfíe a caricatura que el elaborara do Señor de Sargadelos. Así quedou retratado nun fío que confío sexa duradeiro como a propia pegada que Isaac deixou en todas e todos nós.
Ana, con acerto, amósanos as dúas caras da súa obra -o dereito e o revés-. Xa veredes que gusto escoitala enfiar palabras mentres asexa por entre os ollais dunha biografía, a de Isaac, esa que soubo admirar dende o calado dos días.
Véxote...
Véxote... (peza de Ana de Vilatuxe) |
Moi lindo e sentido. Parabéns!
ResponderEliminarEsa Ana!!! Fermoso coma ela!
ResponderEliminar