Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xoiaria

A MANDA DE ROSA: O ANEL MÁXICO DO VALADOURO PARA ISAAC

Imaxe
As orixes do anel (autora: Rosa Fernández Míguez) Cun arrecendo a salitre de Redondela, herba mollada de Silleda e maxia do val das Anas louras chéganos unha nova alfaia cargada de historia, etnografía e corazón. Rosa Fernández Míguez , unha xoieira afincada nas terras do Deza desde hai uns meses, talla a lume manso e con mestría un pequeno anaco de metal insuflándolle adrede a esencia daqueles Contos do Valadouro (reeditado por Ediciós do Castro en outubro de 2005) Nesta obra recompiláronse diversos mitos, crenzas e lendas transmitidos de boca en boca nestas terras da Mariña lucense. Mesmo serviu de obra de referencia para a cidadanía (nos centros de ensino, investigadores/as, turistas e outras xentes curiosas) e as xeracións posteriores. A alfaia de Rosa para Isaac (autora: Rosa Fernández Míguez) Tal e como nos explica ela, esta peza está inspirada na gravadura que Xosé Blanco fixo para o conto " O cura e a casadiña nova " da devandita obra. O anel está feito a man sobrep...

UNHA MÁSCARA-BRAZALETE PARA ISAAC (OBRA DE CHUS IGLESIAS)

Imaxe
Máscara-brazalete  (autora: Chus Iglesias) Chus Iglesias - Chus Acivro - é unha artesá da xoiaría galega ademais dunha gran difusora da cultura e idioma do noso país. Son coñecidos os seus escaparates, ateigados de verdadeiras obras de arte (feitas con detalle e suor), nos que se amosan asemade mostras temáticas que teñen que ver con personalidades da cultura galega, con motivos antropolóxicos ou con ideas que Chus busca estender. Alén doutras pezas que ten elaborado, todas de moito interese, baixo o noso punto de vista despuntan as que crea a partir de culleres de prata, tantas veces rematadas en follas que se estarrican até o dorso da man ou cuxas raiceiras ruben polo brazo, reptando pola epiderme, agatuñando polos vieiros da sensibilidade. No obradoiro... a máscara-brazalete de Chus Iglesias (Chus Acivro) Desta volta entréganos un dos seus fermosísimos escaparates, cuxo tema central é Isaac Díaz Pardo . A súa figura, o seu retrato... o sentimento contémplase nos retratos que a a...