UNHA MÁSCARA-BRAZALETE PARA ISAAC (OBRA DE CHUS IGLESIAS)
![]() |
Máscara-brazalete (autora: Chus Iglesias) |
Chus Iglesias -Chus Acivro- é unha artesá da xoiaría galega ademais dunha gran difusora da cultura e idioma do noso país. Son coñecidos os seus escaparates, ateigados de verdadeiras obras de arte (feitas con detalle e suor), nos que se amosan asemade mostras temáticas que teñen que ver con personalidades da cultura galega, con motivos antropolóxicos ou con ideas que Chus busca estender. Alén doutras pezas que ten elaborado, todas de moito interese, baixo o noso punto de vista despuntan as que crea a partir de culleres de prata, tantas veces rematadas en follas que se estarrican até o dorso da man ou cuxas raiceiras ruben polo brazo, reptando pola epiderme, agatuñando polos vieiros da sensibilidade.
![]() |
No obradoiro... a máscara-brazalete de Chus Iglesias (Chus Acivro) |
"Son Chus,
son ourive e traballo na xoiería Acivro Xoias de Compostela. Antes de nada,
parabéns pola vosa iniciativa que me parece fantástica. A obra que eu presento
está inspirada na Máscara nº 3 de Sargadelos, unha peza que me
gusta especialmente dende a miña nenez, entre as moitas que tiña miña nai, gran
entusiasta de Sargadelos e do Castro. Trátase dun brazalete feito dunha culler
de prata buscando dar unha segunda vida a este utensilio".
![]() |
Escaparate de Acivro Xoias |
Grazas, Chus.
ResponderEliminarUn fermoso escaparate que agardecemos e nos fan pensar noutros cos que tamén puxestes no centro da actualidade a quen o merecía. A túa tenda ten ese engadido, a cultura máis alá do produto, o compromiso co aquí e agora.
A peza, unha fermosura que lle dá nova vida a esa máscara número tres. Magnídica maneira de honrar a Díaz Pardo, por partida doble.