A ASOCIACIÓN GALEGA DE EDITORAS E A SÚA MANDA A ISAAC
Nesta iniciativa d' Unha manda de pezas para Isaac tamén participa a Asociación Galega de Editoras . Achéganos un texto onde podemos (re)descubrir a faceta de Isaac como editor. ISAAC EDITOR O 16 de decembro de 2006, durante a segunda Noite da Edición da Asociación Galega de Editoras, celebrada no Liceo Casino de Pontevedra, o noso gremio nomeaba a Isaac Díaz Pardo Presidente de Honra desta Asociación . (Naquel acto tamén se recoñecía a Sabino Torres cun Premio á Edición Histórica). Dende ese 2006 Isaac pasaba a ser o primeiro, e único ata hoxe, presidente de Honra da Asociación Galega de Editoras, o colectivo que, creado en 1982, integra hoxe corenta selos editoriais e o 90% da produción editorial do país. A dimensión como editor de Isaac Díaz Pardo é fundamental para entender a reconstrución cultural que viviría Galicia, directamente dende a Transición, pero xa moitos anos antes, en plena ditadura, dende comezos dos anos sesenta. Por una banda, el representa, na súa propia figura...