UNHA MANDA DE MARICA CAMPO PARA ISAAC
Dos eidos da "Terra Brava" de Lugo chega ás nosas mans esta peza textual conmemorativa de Marica Campo , adicada a Isaac. Tal como se fose a mesma historia do Rei Lear de William Shakespeare, achéganos unhas lembranzas vividas e compartidas, a través dun alento esbravexo que reclama xustiza. *** Como o rei Lear Tería que lle pedir desculpas a Isaac Díaz Pardo por comparalo cun rei, a el que, sen dúbida, era republicano. Porén, coas palabras que Shakespeare pon en boca de Corelia, a filla dilecta de Lear, quero iniciar esta breve manda: “Non somos os primeiros que, obedecendo as intencións máis honradas e querendo obrar ben, caeron nas maiores desventuras” . Os motivos dun dos galegos máis egrexios do século XX ben se poderían cualificar así, de honrados e cheos de boa intención. Mais sería inxusto deixalos só niso. A creatividade, intelixencia e sinxeleza dunha persoa así, merecen que o xuízo da historia lle sexa –como lle é- máis favorábel que o das leis interpretadas des...