EDUARDO LISTE LEMBRA A ISAAC DÍAZ PARDO

Dende as terras do histórico Terzo de Calo (Teo) Eduardo Liste Carro entrega unha manda na honra dun home moi grande que disque todo el cabía nun corpo ben pequeno: Isaac Díaz Pardo

No vídeo que facilita lembra o seu contacto con el, subliña a importancia da Recuperación da Memoria Histórica e non esquece aquelas persoas que -coma o seu pai e o seu tío, Constante e Faustino Liste Forján, respectivamente- entregaron a súa vida por defender a Democracia e a República. 

Isaac e Seoane foron quen de colaborar no rescate desa memoria, a memoria dos demócratas, co obxecto de dignificala e divulgala por medio da cerámica, publicacións, o seminario de investigación, o Museo Carlos Maside, o Instituto Galego de Investigación, unha multitude de actos e un longo etcétera.

Velaquí a gravación que lle fixemos o13 de xullo de 2020.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Loli Suárez e un café con Isaac

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!