A MANDA DE DANIEL SANTOS: UNHA VISIÓN FUTURISTA DE ISAAC
Isaac mozo (autor: Daniel Santos Vila) Desde Queiruga (Porto do Son) mándanos dúas pezas o mozo Daniel Santos Vila . Estuda Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e, en palabras del, “ considérome esencialmente autodidacta ”. Compaxina traballos de ilustración, murais, deseño de discos para grupos de música... Comenta que decidiu colaborar neste proxecto porque “ me parece moi necesario render homenaxe e non esquecer o valor histórico e artístico de xente coma Isaac . Calquera iniciativa para recordar as nosas figuras galegas nunca está de máis ”. Son dúas obras que este autor entrega por mor desta iniciativa: “(...) a primeira representa un Isaac mozo rodeado das súas futuras creacións, pinturas e arte ”. Coa segunda imaxinou a cuberta da “ única novela de ciencia ficción escrita por Isaac, a historia de como creou o primeiro robot galego con estrutura cerámica ”. Para el, tanto Isaac coma Rosalía, Castelao, María Pita entre outros, ademais de ser grandes figuras históri...