A MANDA DE DANIEL SANTOS: UNHA VISIÓN FUTURISTA DE ISAAC
![]() |
Isaac mozo (autor: Daniel Santos Vila) |
Desde Queiruga (Porto do Son) mándanos dúas pezas o mozo Daniel Santos Vila. Estuda Ilustración na Escola Pablo Picasso da Coruña e, en palabras del, “considérome
esencialmente autodidacta”. Compaxina traballos de ilustración, murais, deseño
de discos para grupos de música... Comenta que decidiu colaborar neste proxecto
porque “me parece moi necesario render homenaxe e non esquecer o valor
histórico e artístico de xente coma Isaac. Calquera iniciativa para recordar as
nosas figuras galegas nunca está de máis”.
Son dúas obras que este autor entrega por mor desta iniciativa:
“(...) a primeira representa un Isaac mozo rodeado das súas futuras creacións, pinturas e arte”.
Coa segunda imaxinou a cuberta da “única novela de ciencia
ficción escrita por Isaac, a historia de como creou o primeiro robot galego
con estrutura cerámica”. Para el, tanto Isaac coma Rosalía, Castelao, María
Pita entre outros, ademais de ser grandes figuras históricas e artísticas,
tamén son as nosas grandes iconas pop galegas.
As dúas ilustracións son debuxo tradicional, tratado e coloreado despois en photoshop, sen renunciar ao emprego da técnica do colaxe.
![]() |
Cuberta da hipotética novela de ficción escrita por Isaac (autor: Daniel Santos Vila) |
Dúas visións de Díaz Pardo, ben diferentes pero igual de interesantes.
ResponderEliminarA primeira máis “clásica”, do pintor rodeado por algunha das súas obras, pero tamén por pratos e deseños que representan a louza de Sargadelos; toda a obra xogando cos azuis e facendo que destaque o azul cobalto característico.
A segunda “delirio pulp desenfadado” en palabras do autor, recolle a estética deses materiais de papel feito cos restos da pulpa de madeira que daban esa imaxe de produto barato; esta peza leva a imaxe do Isaac dos últimos días nun fondo rosado e sobre el os azuis que conteñen a marca daquelas revistas ou libros pulp a modo de cuberta na que aparece autor (Isaac Díaz Pardo), o título (SARGABOT-GZ MAIS EU) e a imaxe dun superheroe vestido a modo de louza que carga toda a simboloxía de Sargadelos. Un superheroe fráxil, vulnerable, pero potente porque del saen ondas expansivas que poden nacer do cerebro e dos ollos.
Grandes aventuras nos agardan da man de Daniel Santos. Cómpre estar atent@s á súa carreira!