Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2021

Iria Ribadomar, Isaac e a nova ilustración galega

Imaxe
Isaac Díaz Pardo (obra de Iria Ribadomar) Debuxei a Isaac traballando, sumerxido en proxectos, e ao fondo unha das moitas probas de patróns  decorativos para cerámica do Laboratorio de Formas. Máis a verdadeira protagonista da ilustración é a  súa mirada, algo que sempre me fascinou de Isaac, unha porta aberta a un mundo atemporal, no que as  luces e as sombras son imposibles de separar as unhas das outras, un ollar único, un "Ollar Novo" .  Ilustración de Iria Ribadomar Deste xeito explica a súa obra a ilustradora, artista e debuxante Iria Ribadomar Molina. Ela é unha das grandes referencias da ilustración galega contemporánea, que sabe mergullarse na historia de todas aquelas mulleres esquecidas (polo noso país) pero que colaboraron na sustentación da cultura (do noso país) e do idioma (nacional)... Pensamos en Lolita Díaz Baliño -tía de Isaac Díaz Pardo- da que ela elaborara un fermoso cartaz. Alén doutras actividades, Iria desenvolve un proxecto gráfico denominado Deica

César Morán lembra e canta a Isaac

Imaxe
César Morán, coa sensibilidade que o caracteriza, enviounos unha súa composición para lembrar a Isaac Díaz Pardo. Achega partitura, letra e vídeo: todo un agasallo, un verdadeiro petisco para un día de luz. Na riola do tempo é xustamente iso, unha faísca de luz e memoria, unha muxica de acordes e palabra: unha regalía que pide máis. O autor, natural do Bierzo, concretamente de Toural dos Vaos, non só é músico, senón asemade profesor (filólogo galego) e escritor. As súas publicacións alumean dende Luzes de Galiza , Agália , A Nosa Terra e, entre outras revistas e xornais, en Casahamlet , esa revista de teatro tan querida por Francisco Pillado, Chus Pato, Luísa Villalta... Por se isto fose pouco, ten sacado do prelo varios ensaios e colaborado en múltiples publicacións colectivas. Queremos lembrar hoxe aquel seu libro que titulou O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro (1990), pois neste 2021 cúmprense cento dez anos do nacemento do autor de Mondoñedo e, outrosí, corenta do seu pasament

Euloxio R. Ruibal, Isaac Díaz Pardo e a crónica dun seminario

Imaxe
Lecturas do meniño Isaac Díaz Pardo cabo do seu pai. Quen descoñeza quen é Euloxio R. Ruibal ignora que estamos perante unha das referencias obrigadas da dramaturxia galega, considerado incluso como un dos renovadores do teatro do noso país. Dende cando menos os 16 anos de idade está totalmente inmiscido no mundo dos escenarios, mais tamén se mergulla no cine, na escrita e na docencia. Impartiu aulas na Universidade de Santiago de Compostela, foi bibliotecario-arquiveiro da Real Academia Galega (da que hoxe é numerario) e presidiu a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. No eido da escrita é autor de máis de dúas ducias de obras clasificábeis nos xéneros ensaístico, lírico, dramático e narrativo. Conta con obras tan interesantes como Valle-Inclán e o teatro galego: a recepción da obra dramática de Valle-Inclán na dramaturxia galega (1916-1973) , De corpo enteiro e Teatro mínimo . Influenciado por autores clásicos como Bertoll Brecht, determinados aspectos do teatro al

María Meijide, O Caderno Italiano e Isaac

Imaxe
Caderno italiano (obra de María Meijide) Case se podería dicir que esta manda se elaborou nas terras do Lacio, concretamente na cidade italiana de Milán. Pois desta volta é a quenda dunha colaboración ben xeitosa, fascinante e que documenta a experiencia dunha artista, residente na citada urbe, que traballa na Galería Sargadelos entre 2003 e 2004. Daquela ese lugar comercial case significaba, en certo xeito, unha verdadeira embaixada da cultura galega no estranxeiro. Ben emocionante era ver un petisco da Galiza no corazón de Milán, da cultura que nos é propia, da nosa literatura, da iconografía trasladada dende os petróglifos até a man de Isaac Díaz Pardo, da arte que se facía no noso país, da memoria das persoas que padeceron a barbarie... Todo iso era Sargadelos, e víamolo en Barcelona, en Madrid, en Sevilla, en Milán (e coido que tamén en Australia, pero diso trataremos noutro momento). Caderno italiano   (obra de María Meijide) Entrega esta man(da) María Meijide, a artista que man

Xavier Queipo e a Isaac-polimerasa

Imaxe
Xavier Queipo dende Bruxelas enviou no seu día unha manda que hoxe aquí reproducimos. Como en tantas obras del, é desbordante en ocorrencias, en ideas e gasta unha escrita fabulosa ateigada de recursos estilísticos, moitas veces novos ou anovadores. Hai quen considera que, alén de escribir para un amplo público, constituíuse ao longo da súa actividade cultural nun verdadeiro escritor de escritores. Digamos que moitas e moitos de nós aprendemos mercé dos seus textos.  E que conste que a súa palabra está moi vinculada coas ciencias e cos xogos malabares que con elas pode realizar, todo grazas á súa formación nestes universos (a bioloxía e a medicina son parte da súa formación e epicentro de moitas curiosidades). Algunhas persoas do Alento Esbravexo gustamos de obras como Ártico 2.0 , Cartas marcadas , Corazón de Manteiga (o máis actual dos seus títulos narrativos), pero sobre todo, sobre todo... Os ciclos do bambú , unha obra que debemos lela cos ollos abertos pero tamén con eles pechos

O ollo do creador, Martín Lestao e Isaac Díaz Pardo

Imaxe
O ollo do creador  (obra de Martín Lestao) Ben interesante é O ollo do creador , obra que en técnica míxta elaborada por Martín Lestao. Cunha medida de 40 centímetros de diámetro -pois trátase dun lenzo circular- o autor deseña unha peza ben curiosa e interesante. Pero primeiro mergullaremos a nosa curiosidade na biografía del. Segundo temos coñecemento, Martín Lestao é unha persoa que sempre estivo vinculada coas artes plásticas, dende a súa mocidade cando estuda o bacharelato artístico en Burela (2006-2008) até rematar o grao en Belas Artes en Pontevedra (2010-2014). Alén diso é técnico de Proxectos de Edificación. Segundo el mesmo indica, " a maior parte da miña obra trata temas que me arrodean persoalmente, xentes, animais, acontecementos... tamén acostumo bosquexar garabatos e facer deseños xeométricos de lugares e obxectos que me interesan". O ollo do creador (obra de Martín Lestao) Malia a súa xuventude, Lestao expuxo en non poucas ocasións, comezando con Déixame Foza

Vítor Suárez Díaz, Isaac Díaz Pardo e coitx

Imaxe
Cartaz de Luís Seoane co que se apoia o Plebiscito do Estatuto de Autonomía da Galiza (1936) Vítor Suárez Díaz reside no concello de Sada, nese lugar onde se ergue Cerámicas do Castro, empresa -moi ao pesar do autor- que xa non é o que era nin significa o que debería significar. O seu lamento -certeiro e atinado- chega a indicar o seguinte: " imagina o polbo da piscina do Castro, desenhado por Seoane, virado num monstro fusquenlho ergueito e esganando gargantas agradecidas. A falta de povo ". Del mesmo sinala que é " um contratista (eufemismo de mercenário) da Conselharia de Educação. Mas não por mercenário livre de opressão ". A narración sobre si mesmo resulta totalmente poética, sinalando que " acredita que a terra está moi baixa e o céu moi alto, e daria-lhe a cada decrescentista uma fouce e uma tábua de exercícios, para relativizar ". Este autor, con destreza no verso, no léxico e -en fin- en toda a súa escrita trae este poema que, na súa integridade,

Carme de Xinzal, Isaac Díaz Pardo e a lingua materna

Imaxe
Cadeira de Isaac Díaz Pardo Desta volta e con razón, pois resulta ser un día máis ca axeitado, dámoslle voz dende o Alento Esbravexo á nosa amiga da Senra (Compostela) Carme de Xinzal. Para quen non a coñezades indicarémosvos que é unha recoñecida traballadora social que desenvolve un importante labor nun concello das inmediacións de Santiago. Alén diso, colabora con diversas ONG de axuda humanitaria e, de cando en vez, lanza na prensa unhas columnas que gustou en titular Prosas . Con ela temos coincidido nas manifestacións convocadas por  Prolingua e Queremos Galego , como gran defensora que é do idioma do país. Disque actualmente está a recompilar varios dos seus escritos en prensa para publicar a súa primeira obra literaria. Así e todo, baixo o noso punto de vista, augurámoslle un gran futuro nas letras. Para mostra, un botón: velaquí deixamos na súa integridade a manda que nos fixo chegar. Saúde e beizóns por este relato tan necesario! Prosas: Isaac no Día Internacional da Lingua

Isaac Díaz Pardo, Ricardo N. Sobrino e a transcendencia

Imaxe
E nesta época que, lamentabelmente, anda o pensamento río abaixo e os valores humanos tamén en mingua... sempre é necesario reencontrarse coa filosofía, cos razoamentos pausados, analíticos, empíricos e construtivos. Non se pode reconstruír e evolucionar se non se crea en todo momento un método idóneo para sermos dende o respecto, dende a diversidade, dende a identidade.  Por iso hoxe publicamos unha manda que ten moito que ver con este asunto, co futuro e o progreso dos pobos tendo como trabe mestra a figura de Isaac Díaz Pardo. A colaboración conmemorativa vén da man de Ricardo N. Sobrino, profesor en filosofía e artista plástico. Ricardo é desas persoas reflexivas, comedidas, amante das artes e da música, resaltando nesta última disciplica como un pianista e amante do piano. No eido das artes, e alén das súas participacións en mostras nacionais e estatais, é unha das persoas organizadoras das xornadas artísticas que todos os veráns se celebran na vila termal do Baño (Cuntis), contan

Manuel Cabada Castro, Isaac Díaz Pardo e a loita inocente

Imaxe
Manuel Cabada Castro é un deses cregos galeguistas cos que nos gusta coincidir. A súa sabedoría desbordante provoca que estemos atentos aos seu dicir, ás súas reflexións e pensamentos. Porque ben necesario é que membros das confesións relixiosas -e en particular a católica e a protestante- saiban achegarse a pobo coa palabra que nos é propia. Porque a diversidade lingüística é unha bendición e non a condea de Babel... Manuel Cabada -sen dúbida- teno claro, por iso precisamos da súa compaña e lemos decote as publicacións que lanza dende medios como Terra e Tempo , Encrucillada , Grial , Tabeirós Montes ... Raíz e compromiso é a Galiza de Cabada, xa que pertence ao grupo dos seres resistentes, re-existentes dende o galego. Lembramos a Xosé Chao (con ese Eu renazo galego ), a Moncho Valcarce (crego das encrobas), Basilio Álvarez (fundador do xornal La Zarpa )... Debemos sinalar sobre o autor desta manda que é natural de Sabucedo (A Estrada) e que conta cun currículo que nos saca a respir

Xaquín P. Patiño, Isaac e o traballo pola Terra

Imaxe
Conta cun bo número de composicións líricas publicadas en poemarios colectivos, entre eles a Uxío Novoneyra. E iso que Xaquín P. Patiño foi coordinador nas I, II e III Xornadas sobre O medio mariño e Acuicultura en Galicia celebradas entre 1992 e 1994 no Castro (Sada). Tales encontros sairían publicados en Ediciós do Castro en anos sucesivos.  Na actualidade Xaquín Penas Patiño, profesor emérito de Bioloxía e Xeoloxía, foi coordinador e relator nos libros -tamén lanzados dende Ediciós do Castro- A contaminación mariña do litoral galego (1992), Acuicultura mariña en Galicia (1995) e Marisqueo en Galicia (1998)... Observamos, por conseguinte, que a súa relación con Isaac Díaz Pardo e o seu círculo debeu ser bastante estreita. Tanto é así que non quere renunciar a lanzar, tal tributo e ofrenda, unha manda na honra daquel que foi a cerna da árbore que agromou dende o Laboratorio de Formas... As plantas de Galicia (1987), Manual de análise da auga do mar (1989),  As Plantas medicinais

Cris Bamio, Isaac e A Barca de Caronte

Imaxe
A Barca de Caronte (obra de Cris Bamio) Hoxe é a quenda doutra artista, concretamente de Cris Bamio. Ela entregounos unha peza que bebe dun bosquexo elaborado no seu día por Isaac Díaz Pardo, reinterprétao e resalta as liñas que considera imprescidíbeis. Porque Cris Bamio é, sobre todo, unha artista visual, con mostras ben interesantes instaladas hai tempo e outras de non hai moito. Lembramos aquela titulada Esencia que se montou no Atelier de Fotografía (Coruña) ao longo do mes de novembro do ano pasado. Algunhas das imaxes desa mostra xa se viron en Munich (2012) no Kultural StuStaCulum ... Participou, asemade, na mostra colectiva Creativas Galegas (Museo do Pobo Galego - 2020) etc., etc.  En relación coa súa produción cultural, a súa obra flúe do debuxo á pintura, da pintura á fotografía e, segundo ela, ultimamente, nunha especie de peripecia artística funde fotografía e pintura e desfai lixeiramente unha desas marxes nas que ás veces adoita asentar a arte. Nada alén do Atlántico

Xaime Toxo (Ateneo de Pontevedra), Isaac e os cómaros

Imaxe
Isaac na cidade da Magdalena (onde instala unha súa fábrica de cerámica en 1957) Mestre, pedagogo e escritor nado en Bueu é Xaime Toxo, un literato sobradamente coñecido que hoxe gustou de colabrar, tanto de xeito individual como en representación do Ateneo de Pontevedra (do que ocupa o cargo da presidencia) para lembrar o centenario de Isaac Díaz Pardo. Porque non debemos esquecer que xa pasaron cen anos do namento dese home pequeno con centos de ideas, con centos de proxectos e centos de ilusións. Velaí que cheguen as mandas, dende o pobo, contadas por centos e sentidas por millerios.  Descarga aquí a manda completa Os textos de Xaime Toxo, ganduxados dende a lírica e a narrativa, foron premiados en varias ocasións: Accésits do Modesto R. Figueiredo (2002 e 2011), Certame de Relatos do Concello de Paradela (2002) e Manuel Murguía de narracións breves (2004). Coma a algúns e algunhas de nós, gusta do océano e das ribeiras, dos litorais e das literaturas, da letra e da auga..., de aí q

Francisco Pérez Villanueva (Quico), Isaac, as bruxas e as curuxas

Imaxe
Bruxa Curuxa   (obra de Quico) Pois se dicimos a verdade, hoxe estamos moi gustosos en publicar esta manda xa que está formada por dúas imaxes dixitais, ao noso ver, fantásticas. E cando unha cousa gusta, non custa traballo ningún falar dela. Realmente son dúas ilustracións elaboradas por Francisco Pérez Villanueva -"Quico" e que rotula conxuntamente como " Bruxa Curuxa ".  Bruxa Curuxa   (obra de Quico) Non sen intencionalidade emprega nunha as cores clásicas da cerámica de sargadelos: azul ("cobalto"), vermellón e amarelo. A outra só é azul o que destaca sobre un fondo totalmente branco, co risco que un corre ao ter un fondo dese tipo. En ambas domina a liña, cuxo protagonismo por veces se complementa coas superficies planas, quizais con claras chiscadelas á obra de Seoane. Sendo coherentes, ambos elementos -liña e superficie- gozan de importancia individual e conxunta, a que se ve auxilida para xerar a tridimensionalidade cunha tenue "pincelada&quo