Xaquín P. Patiño, Isaac e o traballo pola Terra


Conta cun bo número de composicións líricas publicadas en poemarios colectivos, entre eles a Uxío Novoneyra. E iso que Xaquín P. Patiño foi coordinador nas I, II e III Xornadas sobre O medio mariño e Acuicultura en Galicia celebradas entre 1992 e 1994 no Castro (Sada). Tales encontros sairían publicados en Ediciós do Castro en anos sucesivos. 

Na actualidade Xaquín Penas Patiño, profesor emérito de Bioloxía e Xeoloxía, foi coordinador e relator nos libros -tamén lanzados dende Ediciós do Castro- A contaminación mariña do litoral galego (1992), Acuicultura mariña en Galicia (1995) e Marisqueo en Galicia (1998)... Observamos, por conseguinte, que a súa relación con Isaac Díaz Pardo e o seu círculo debeu ser bastante estreita. Tanto é así que non quere renunciar a lanzar, tal tributo e ofrenda, unha manda na honra daquel que foi a cerna da árbore que agromou dende o Laboratorio de Formas...

As plantas de Galicia (1987), Manual de análise da auga do mar (1989), As Plantas medicinais (1993) e A arca de Noé (2006) son varias das obras das que Xaquín é autor. E, como se pode comprobar, o seu espírito investigador parte do Universo galego para difundilo dentro del: para, por, con e dende Galiza.

Velaquí deixamos o seu fermoso poema, a composición que lembra a aquel xigante que soubo facer medrar a árbore do progreso dende a identidade, dende as empresas cerámicas, dende o altruísmo e a xenerosidade. Nós, como Patiño, seguimos a regar esa árbore, pois non gustamos de terreos fértiles e enxoitos. Estas son as brañas da memoria.

Beizóns, Xaquín!


TEMPO GRIS


A Isaac Díaz Pardo

Tocouche vivir un tempo gris
de dor infinita
cargando cunha pesada lousa
ás costas.
Un tempo de desacougo, de sangue,
ruín, de fame e
miseria-

Tocouche soportar
persecución e
desterro,
lonxe da túa Terra.

Erguiches un imperio
co teu esforzo.
Sempre se odio
nen afán de venganza.

Fuches e seguirás sendo
exemplo para os que estamos e
os que virán.

O teu foi sempre pensar e
traballar por esta Terra.
O teu labor nunca será
esquencido.
Grazas, Isaac.

Xaquín P. Patiño

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños