UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO
Antonio Quesada Rodríguez , alén de médico, é artista plástico e músico. Para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo compuxo esta marabillosa peza musical titulada Canción de Espertar . A este respeto, o autor achega a seguinte reflexión: " Como unha canción de espertar que nunha mañá de choiva alegra os oídos de orfos e vellos, de pobres e enfermos, de viúvas ou viúvos ou daqueles que sofren a soidade ou o desamor; así, ti, Isaac... alegras co teu talento os corazóns, pois coa túa arte lograches socializar a creatividade ". Seguramente que vos ha gustar tanto coma a nós. Velaquí fica o enlace para que o vexades.