UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Antonio Quesada Rodríguez, alén de médico, é artista plástico e músico.
Para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo compuxo esta marabillosa peza musical titulada Canción de Espertar. A este respeto, o autor achega a seguinte reflexión:

"Como unha canción de espertar que nunha mañá de choiva alegra os oídos de orfos e vellos, de pobres e enfermos, de viúvas ou viúvos ou daqueles que sofren a soidade ou o desamor; así, ti, Isaac... alegras co teu talento os corazóns, pois coa túa arte lograches socializar a creatividade".

Seguramente que vos ha gustar tanto coma a nós. Velaquí fica o enlace para que o vexades.

Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños