Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mercedes Rozas

MERCEDES ROZAS ENTREGA O SEU RECORDO A ISAAC

Imaxe
Óleo de Isaac Díaz Pardo Mercedes Rozas Caeiro gustou de escribir no 2012, dende as páxinas de La Voz de Galicia, unhas palabras para louvar a memoria de Isaac Díaz Pardo , por esas datas falecido. Esta historiadora, comisaria de exposicións e crítica da arte, é membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e conta con multitude de publicacións  que avalan a súa traxectoria.  Aquí se entregan, de forma extractada, uns parágrafos daquel artigo que seguramente vos vai emocionar tanto coma a nós. " O valor do compromiso na obra de Isaac Díaz Pardo Son moitas as creacións de Díaz Pardo nas que desafía ao poder co compromiso, construindo con personalidade propia e en clave contemporánea a idea do inmediato, representando escenarios próximos dun país que el entende dende a defensa da identidade e a recuperación da memoria. O traballo dos homes do mar e do campo, as reivindicacións do pobo erguido e alporizado ou a forza do berro das cancións trovadas por o cego Za...