Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Poesia

XOÁN XOSÉ FDZ. ABELLA ENTREGA MANDA A ISAAC

Imaxe
E no día de hoxe queremos trasladarvos a manda que con tanto agarimo entregou un dos nosos mellores poetas nacionais: Xoán Xosé Fernández Abella . Coñecidas son as súas rimas -sonetos, romances e outras estrofas- que sempre axilizan as emocións cando son recitadas por este vate. E fixádevos que ben soa o seu ritmo, que ben recenden os versos ateigados de terra, gratitude e compromiso tamén coas persoas grandes desta terra, entre elas Isaac . Este é o introito seguido da composición: " LOANZA SENTIDA A ISAAC Da miña "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo" (Intento de aproximación poética á súa biografía en 8 partes), recollida no meu libro L oanzas sentidas e outros poemas , recollo, por brevidade, a parte oitava titulada "Remate", na que me aproximo un chisco á persoa humilde, xigantesca e única do meu admirado Isaac Díaz Pardo. Velaí o "Remate": Fuches, sen selo, emigrante e exiliado voluntario, puro exemplo solidario do teu único talante. Santiagués universa...

UN POEMA DE SALVADOR GARCÍA-BODAÑO PARA ISAAC

Imaxe
Castelao (Sargadelos) Con verso áxil Salvador García-Bodaño recorda a biografía de Isaac Díaz Pardo , dende o seu nacemento na cidade de Compostela, na casa da Tumbona, até a súa etapa creativa. O autor, membro da Real Academia Galega e prolífico escritor na nosa lingua propia, trae na súa escrita aqueles crueles episodios do levantamento militar que lle arrebatarían a vida a Camilo Díaz Baliño, así como a milleiros de persoas (tantas aínda sen recuperar os corpos polos seus familiares, tantas desaparecidas, tantas...).  E delata aos asasinos da falanxe, e recorda a historia, e fai fincapé en varias das grandes virtudes que gozou Isaac: ser difusor e defensor da cultura e idioma de Galiza, restaudor da patria asoballada e axente activo na resistencia a prol da creatividade. Aquí queda o poema-agasallo, fermoso e valente. ACORDANZA                           ...

DE RAMIRO TORRES PARA ISAAC

Imaxe
Ramiro Torres , escritor de arquipélagos que se conectan para formar harmonías solidarias, colaborador do grupo surrealista galego Xalundes , deuse a coñecer con forza coa súa obra Esplendor Arcano .  Dende a xenerosidade, con man tendida e solidaria, entrega esta composición na memoria de Isaac Díaz Pardo. "Irradiar a luz na estrema da terra,  Sorrindo na imensidade imaginante  A que convocas, como um sol que  Abre mundos entre as nossas mãos,  Compondo no invisível a beleza. Detemo-nos nas imediações do ouro  Incendiado que flui sob a história,  Achegando-nos ao rumor silente do  Zénite onde bebem as aves do tempo. Prendem na noite as fogueiras solares,  A terra desnuda sonha-se no fulgor  Repetido deste amor infatigável:  Desde a distância abolida renasce  O teu grito de assombro inebriante.                             ...

UN SONETO DE JULIO MONTES PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
Pomba (Sargadelos) Julio Montes Santiago é quen de recordar o centenario de Isaac Díaz Pardo cunha fermosa composición poética, concretamente un soneto, que realiza ex professo para esta ocasión. O autor -médico internista en Vigo, poeta e escritor de libros moi interesantes que combinan a creación literaria coa medicina - malia non ser natural de Galiza agasállanos cuns sentidos versos escritos en galego. Velaquí a manda que entrega a Isaac. O exiliado protector A Isaac Díaz Pardo         Voa, cara pombiña azul e branca         cruzando pola noite estrelecida         chorando pola terra tan ferida         por un lúgubre terror que o pai arranca.         Érguese a túa voz cálida e franca         para avivar a Galicia tan durmida         dunha ruda España tan esquecida            nunha noi...

UNHA MANDA DE ADELA FIGUEROA E CELSA SÁNCHEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
As biólogas Adela Figueroa Panisse e Celsa Sánchez Vázquez gustaron de nos traer unha súa manda para honrar a memoria de Isaac Díaz Pardo. O título da súa composición é A derradeira conversa, cuxo texto foi composto por Adela e a fermosa e simbólica ilustración por Celsa Sánchez Vázquez. A este respecto, a primeira das autoras sinala que "esta obra pretende recrear a última vez que vimos a Isaac, com quem mantinhamos fonda e longa amizade de muitos anos. Quer por ter eu participado nos diversos Encontros de Geologia do Noroeste Peninsular, organizados no Castro. Do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e com Isidro Parga . Quer por diversas atividades em que ele sempre ajudou .Isaac recolheu no Castro todo o material valiossisimo do trabalho de Dom Isidro Parga Pondal feito em Laxe, durante todos seus anos de exilio interior. Este material figura agora na Universidade da Corunha salvado e organizado por Joan Ramom Vidal Romani (antiguo secretário de Laboratorio Xeolóxico de Laxe) que ...