UN SONETO DE JULIO MONTES PARA ISAAC DÍAZ PARDO
Pomba (Sargadelos) |
Julio Montes
Santiago é quen de recordar o centenario de Isaac Díaz Pardo cunha fermosa composición poética, concretamente un soneto, que realiza ex professo para esta ocasión. O autor -médico internista en Vigo, poeta e escritor de libros moi interesantes que combinan a creación literaria coa medicina- malia non ser natural de Galiza agasállanos cuns sentidos versos escritos en galego. Velaquí a manda que entrega a Isaac.
O exiliado protector
A Isaac Díaz Pardo
Voa, cara pombiña azul e branca
cruzando pola noite estrelecida
chorando pola terra tan ferida
por un lúgubre terror que o pai arranca.
Érguese a túa voz cálida e franca
para avivar a Galicia tan durmida
dunha ruda España tan esquecida
nunha noite de pedra que a estanca.
Home bo, mostrando sempre xentileza
inventas Formas novas de beleza,
co teu nome bíblico escollido,
Isaac revelaches a túa afouteza
e estimulas en Galicia a braveza,
deixando o íntimo exilio aborrecido.
Reflexións do propio autor sobre a súa composición
Pomba (Sargadelos) |
Isaac Díaz Pardo sufriu un exilio interior e exterior. A pomba azul e branca, unha das figuras máis recoñecidas da fábrica de Sargadelos, sobrevoa estes exilios que levaron ó tráxico fusilamiento do seu pai Camilo Díaz Baliño e á súa partida a Arxentina. Pero Díaz Pardo recompúxose, e tras a súa volta, contemplou o ermo panorama cultural galego da posguerra, ante a indiferenza, cando non a hostilidade, da España franquista. Esqueceuse entón dos seus exilios, mudou nun home entrañábel pero de firmes conviccións e converteuse no mestre protector que, en proxectos como o Laboratorio de Formas ou as Ediciós do Castro, alentou incansablemente a Galicia para que espertase da súa longa noite de pedra. O poema de homenaxe a tan sobranceira figura está escrito nunha variante do soneto que introduciu en Galicia Ramón Cabanillas.
Escoller un soneto e unha pomba. Unha lingua e un país.
ResponderEliminarPaz e a súa reinterpretación.
Fermosa homenaxe!
Fermoso e ben sentido. Parabéns!
ResponderEliminar