CARMEN LLONÍN BORDA A MEMORIA DE ISAAC
Mans creadoras (autora: Carmen Llonín) Mans Creadoras é o título da obra que entrega a artista Carmen Llonín para conmemorar a efeméride do 22 de agosto: o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo . Realizada en 2020, a peza coa que esta creadora realiza a súa particular homenaxe vén a ser unha fotografía estampada sobre lenzo intervida con bordados a man. As súas dimensións orixinais son 23 X 17 cm. Sobre esta obra a propia autora indica: " Mans Creadoras , fai referencia ao talento manual e creativo de Isaac Díaz Pardo. Empreguei as típicas e sobradamente coñecidas cores de Sargadelos. A obra foi realizada ex professo para a conmemoriación do centenario deste grande artista e empresario ".