DE AMANCIO LIÑARES A DÍAZ PARDO
Isaac Díaz Pardo abandona o IGI (foto: Héitor Picallo) Profesor en Xeografía e Historia Amancio Liñares fainos chegar un artigo publicado outrora en La Voz de Galicia no que recorda a figura de Isaac Díaz Pardo e, así mesmo, o IGI (Instituto Galego da Información). Deixa caer, incluso, que a alma mater de Sargadelos poida ter nun futuro un Día das Letras Galegas; mais no que fai fincapé é na "expulsión" que sofre Díaz Pardo do IGI . Logo de contemplar unha fotografía lanzada na prensa deses días (da autoría de Héitor Picallo coa colaboración de Silvia Arca Somoza), Amancio Liñares lanza arduas críticas que teñen que ver, sobre todo, cos conceptos de "dignidade" e "humanidade". O texto, titulado "Con Isaac, sempre", di así: " Con Isaac, sempre A foto encheume de indignación, de carraxe. Dá arrepío vela. Un non pode quedar indiferente ollando ó ilustre, bo e xeneroso Isaac Díaz Pardo recollendo os seus efectos do edificio do Instituto Gale...