UNHA MÁSCARA-BRAZALETE PARA ISAAC (OBRA DE CHUS IGLESIAS)
Máscara-brazalete (autora: Chus Iglesias) Chus Iglesias - Chus Acivro - é unha artesá da xoiaría galega ademais dunha gran difusora da cultura e idioma do noso país. Son coñecidos os seus escaparates, ateigados de verdadeiras obras de arte (feitas con detalle e suor), nos que se amosan asemade mostras temáticas que teñen que ver con personalidades da cultura galega, con motivos antropolóxicos ou con ideas que Chus busca estender. Alén doutras pezas que ten elaborado, todas de moito interese, baixo o noso punto de vista despuntan as que crea a partir de culleres de prata, tantas veces rematadas en follas que se estarrican até o dorso da man ou cuxas raiceiras ruben polo brazo, reptando pola epiderme, agatuñando polos vieiros da sensibilidade. No obradoiro... a máscara-brazalete de Chus Iglesias (Chus Acivro) Desta volta entréganos un dos seus fermosísimos escaparates, cuxo tema central é Isaac Díaz Pardo . A súa figura, o seu retrato... o sentimento contémplase nos retratos que a a...