A MANDA DE ROSA: O ANEL MÁXICO DO VALADOURO PARA ISAAC
As orixes do anel (autora: Rosa Fernández Míguez) Cun arrecendo a salitre de Redondela, herba mollada de Silleda e maxia do val das Anas louras chéganos unha nova alfaia cargada de historia, etnografía e corazón. Rosa Fernández Míguez , unha xoieira afincada nas terras do Deza desde hai uns meses, talla a lume manso e con mestría un pequeno anaco de metal insuflándolle adrede a esencia daqueles Contos do Valadouro (reeditado por Ediciós do Castro en outubro de 2005) Nesta obra recompiláronse diversos mitos, crenzas e lendas transmitidos de boca en boca nestas terras da Mariña lucense. Mesmo serviu de obra de referencia para a cidadanía (nos centros de ensino, investigadores/as, turistas e outras xentes curiosas) e as xeracións posteriores. A alfaia de Rosa para Isaac (autora: Rosa Fernández Míguez) Tal e como nos explica ela, esta peza está inspirada na gravadura que Xosé Blanco fixo para o conto " O cura e a casadiña nova " da devandita obra. O anel está feito a man sobrep...