A MANDA DE ROSA: O ANEL MÁXICO DO VALADOURO PARA ISAAC
As orixes do anel (autora: Rosa Fernández Míguez) |
Cun arrecendo a salitre de Redondela, herba mollada de Silleda e maxia do val das Anas louras chéganos unha nova alfaia cargada de historia, etnografía e corazón. Rosa Fernández Míguez, unha xoieira afincada nas terras do Deza desde hai uns meses, talla a lume manso e con mestría un pequeno anaco de metal insuflándolle adrede a esencia daqueles Contos do Valadouro (reeditado por Ediciós do Castro en outubro de 2005) Nesta obra recompiláronse diversos mitos, crenzas e lendas transmitidos de boca en boca nestas terras da Mariña lucense. Mesmo serviu de obra de referencia para a cidadanía (nos centros de ensino, investigadores/as, turistas e outras xentes curiosas) e as xeracións posteriores.
A alfaia de Rosa para Isaac (autora: Rosa Fernández Míguez) |
Cando lle preguntamos por que se animou a facer esta peza e presentala a "Unha manda de pezas para Isaac", dinos "A figura de Isaac é tremendamente inspiradora para moitísimas persoas e no meu caso é tamén unha fonte de inspiración para moitas pezas que me veñen á cabeza; porque cando unha xoia está inspirada na obra dunha persoa que está presente en todos os fogares galegos e moitos do estranxeiro ou na mesma persoa en si, esa peza xa vai ter unha carga emocional engadida de gran valor para aquelas persoas que buscamos algo máis ca beleza plástica nun obxecto".
O tótem da nosa vaca (un básico na alimentación e na paisaxe) colocado nunha xoia. Poucas veces vimos ese mestura de rural básico (e que alguén pode considerar pouco "fino") con algo tan delicado.
ResponderEliminarNo país do millón de vacas e do leite mal pagado, agradecemos moito a túa contribución.