Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Gravado

YOLANDA CARBAJALES RETRATA A ISAAC

Imaxe
Ex Libris por mor do centenario de Issac Díaz Pardo (2020) (gravadora: Yolanda Carbajales) Non esaxeramos se indicamos que Yolanda Carbajales é unha das profesionais do gravado máis importantes de toda Europa. As súas exposicións percorreron boa parte do mundo -dende o pé da Acrópole grega até China, dende Inglaterra até a India pasando por Galiza-. Os premios que acada subliñan a súa calidade, pero non só na precisión técnica senón nos contidos (ás veces encriptados nun surrealismo latente). E Yolanda non quixo desperdiciar a ocasión para elaborar un Ex Libris en mezzotinta (ou maneira negra, técnica inventada no século XVII) coa intención de conmemorar o centenario do nacemento de Issac Díaz Pardo . Para esta idea serviuse dun gravado que realizara -outrora- a alma mater de Sargadelos. Iso si, acompañado dun Isaac retratado coa mesma técnica que acada unha semellanza e expresividade asombrosas. A peza orixinal, de 24 por 10 centímetros, foi confeccionada por medio de dúas matrices...