YOLANDA CARBAJALES RETRATA A ISAAC
![]() |
Ex Libris por mor do centenario de Issac Díaz Pardo (2020) (gravadora: Yolanda Carbajales) |
E Yolanda non quixo desperdiciar a ocasión para elaborar un Ex Libris en mezzotinta (ou maneira negra, técnica inventada no século XVII) coa intención de conmemorar o centenario do nacemento de Issac Díaz Pardo. Para esta idea serviuse dun gravado que realizara -outrora- a alma mater de Sargadelos. Iso si, acompañado dun Isaac retratado coa mesma técnica que acada unha semellanza e expresividade asombrosas. A peza orixinal, de 24 por 10 centímetros, foi confeccionada por medio de dúas matrices: unha de cinc (de 12 por 10 centímetros) e outra de cobre (coas mesmas dimensións). A impresión efectúase en papel Hahnemühle de 230 gramos.
Ao respecto da súa manda, a autora comenta:
"A miña homenaxe a Isaac Díaz Pardo cun ExLibris conmemorativo pretende dirixir a mirada do público á súa faceta de gravador, facendo miña propia reinterpretación do seu gravado 'Ouxetos alleos no ceo de Galicia', 1984. Neste ano todas e todos os galegos estamos expectantes cara á súa figura que dirixe e protexe".
(Yolanda Carbajales)
Comentarios
Publicar un comentario