MANDA E RECORDO DE OTERO REGAL A ISAAC DÍAZ PARDO
Peza de Otero Regal |
Ducias e ducias de exposicións da obra de Otero Regal téñense montado por Galiza e outros territorios: Bilbao, Barcelona, Toledo, Madrid, Wiesbaden, Munich e poderíamos chegar a non poucos recunchos de Europa, Asia e América, con Estados Unidos e Xapón incluídos... Todas elas demostran non só unha elevada calidade artística do autor, senón tamén, no seu conxunto, un compromiso coa plástica e coa terra. Velaquí os seus recordos.
Coñecín a Díaz Pardo ala polo ano 1972 cando se
inaugurou a tenda-galeria de Sargadelos en Barcelona. Presentáronmo e falamos da
miña orixe e de que facía cerámica. Volvémonos a encontrar en Sargadelos en
1974 e acudín a el pedindo un traballo, pero a crise truncou o asunto. No verán
do 75 estiven en Sargadelos e mantiven varias conversas e debates con el e ao longo
dos anos seguímonos vendo, incluso lle fixen unha entrevista en relación co do
mundo da empresa e que publicou El Progreso. Pasaron os anos e a última vez que
nos vimos foi na presentación dun libro póstumo sobre o común amigo Lois Tobio,
concretamente na casa da administración de Sargadelos, pois os novos “mandamais”
do grupo non deixaran facelo no auditorio do complexo, xa sucedera o desfalco e
a traizón a Isaac. Eu publicara unha
carta, reproducida en moitos medios en defensa de Isaac, e Os Aventados derámoslle
o Ardello carro do 2006. Veume a ver, abrazoume e deume moitas grazas, as cales eu tamén llas
transmitín. “Cando todo isto acabe temos que facer unha comida para agradecervos
o que fixeches”.
Foi a ultima vez que vin a Isaac, que xa era un exiliado
da súa propia empresa, da súa propia creación, pois a pesar do que di o dicionario
sobre o termo exiliado (“se aplica a la persona que se ha visto obligada a
abandonar su país, generalmente por razones políticas”), Díaz Pardo foi botado
pola porta faxeira das empresas que creara e levara ao mais alto do aprecio,
gañando diñeiro e creando valor engadido para elas e a comarca en xeral.
En relación a isto, hai pouco dicía que “as cousas seguen sendo
complicadas. Vivín traizóns á amizade, á confianza, traizóns financeiras.
Contra elas nada puiden facer. Aí tamén me tocou resignarme”. En tempos removidos, Isaac tiña a solución á
continuidade de Sargadelos: unha fundación, a volta do seu fillo Xosé para
levar o apartado do deseño “como herdeiro de Seoane”, e a xerencia ao outro
fillo, pero o “vil diñeiro” e a avaricia botaron por terra esa continuidade, chimparon
fóra a Isaac e dende aquela andan a tombos, cheos de débedas, mendigando subvencións
e sen tino cando el dicía: “aínda pecando de inmodestia, debo dicir que me
enorgullezo de que o nome de Sargadelos sexa recoñecido en todo o mundo. Para
min que iso non estivo mal”.
E Isaac e o seu espírito creador foise, “diga mellor que me foron. Foi unha
trampa legal. Alguén que levaba traballando trinta e cinco anos comigo xogouma.
Agora podo dicir tranquilamente e sen andrómenas que a Xustiza non funciona”.
Agora con a súa morte e o enterro en Santiago son moitos os que gastan
papel en eloxios, nun costume tan noso de falar sempre ben dos mortos pero... onde
estaban estas xentiñas cando calaron pola inxustiza feita a Isaac ao chimpalo
de Sargadelos? E porque agora tamén obvian ese feito e os seus responsables?
Un placer coma sempre leer un artículo de Otero Regal . Unha gran experiencia traballar con él
ResponderEliminarOxalá moitos como Regal, orgullo de Terra e orixes a través da artesanía, a expresión do ser, aperta grande, grazas!!
ResponderEliminarGrazas enormes a Regal, por compartirnos siempre abiertamente, por crear lugares especiales donde reunirnos, sentir, crear y hacernos más libres. Por enseñarnos lo importante de construir juntos con cariño, del trabajo a mano, acercarnos el arte animándonos a crear para unir miradas y hacer juntos un mundo más amplio. Por recuperar voces silenciadas. Por su energía infinita.
ResponderEliminar