Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xornalismo

MERCEDES ROZAS ENTREGA O SEU RECORDO A ISAAC

Imaxe
Óleo de Isaac Díaz Pardo Mercedes Rozas Caeiro gustou de escribir no 2012, dende as páxinas de La Voz de Galicia, unhas palabras para louvar a memoria de Isaac Díaz Pardo , por esas datas falecido. Esta historiadora, comisaria de exposicións e crítica da arte, é membro do Padroado do Museo do Pobo Galego e conta con multitude de publicacións  que avalan a súa traxectoria.  Aquí se entregan, de forma extractada, uns parágrafos daquel artigo que seguramente vos vai emocionar tanto coma a nós. " O valor do compromiso na obra de Isaac Díaz Pardo Son moitas as creacións de Díaz Pardo nas que desafía ao poder co compromiso, construindo con personalidade propia e en clave contemporánea a idea do inmediato, representando escenarios próximos dun país que el entende dende a defensa da identidade e a recuperación da memoria. O traballo dos homes do mar e do campo, as reivindicacións do pobo erguido e alporizado ou a forza do berro das cancións trovadas por o cego Za...

UNHA MANDA DE CARLOS L. BERNÁRDEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Imaxe
O crítico da arte Carlos López Bernárdez achéganos, como homenaxe a Isaac Díaz Pardo , o seguinte artigo que publicou outrora no Faro de Vigo . Velaquí as súas reflexións. ISAAC DÍAZ PARDO PINTOR NO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO               A Parella (1966) Obra de Isaac Díaz Pardo Neste ano 2020 cúmprense cen anos do nacemento de Isaac Díaz Pardo (Santiago de Compostela, 1920- A Coruña, 2012) personalidade central no mundo cultural da Galicia do século XX que goza dunha ampla consideración artística e social e de unanimidade en torno á importancia do seu labor a prol da cultura galega, situado como figura sobranceira da vida económica, social e creativa do noso país.  Como artista plástico, a súa formación, realizada na Academia de Belas Artes de San Fernando, está –como non podía ser doutro xeito- moi condicionada pola dura posguerra nun  período en que o espazo cultural galego no propio país ficaba reducido á mínima exp...