César Morán lembra e canta a Isaac
César Morán, coa sensibilidade que o caracteriza, enviounos unha súa composición para lembrar a Isaac Díaz Pardo. Achega partitura, letra e vídeo: todo un agasallo, un verdadeiro petisco para un día de luz. Na riola do tempo é xustamente iso, unha faísca de luz e memoria, unha muxica de acordes e palabra: unha regalía que pide máis.
O autor, natural do Bierzo, concretamente de Toural dos Vaos, non só é músico, senón asemade profesor (filólogo galego) e escritor. As súas publicacións alumean dende Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra e, entre outras revistas e xornais, en Casahamlet, esa revista de teatro tan querida por Francisco Pillado, Chus Pato, Luísa Villalta... Por se isto fose pouco, ten sacado do prelo varios ensaios e colaborado en múltiples publicacións colectivas. Queremos lembrar hoxe aquel seu libro que titulou O mundo narrativo de Álvaro Cunqueiro (1990), pois neste 2021 cúmprense cento dez anos do nacemento do autor de Mondoñedo e, outrosí, corenta do seu pasamento.
Velaquí a voz do autor, a palabra que se entrega en siceridade. Velaquí tamén o noso aplauso en ovación.
Na riola do tempo
–Poema para Isaac–
Isaac poema livroluz de Cervo
na dança do caolim.
Isaac graffiti seixo
fugindo da navalha
com passo de Arlequim.
Linhas, cores, harmonias,
na riola do tempo.
Comentarios
Publicar un comentario