|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Case se podería dicir que esta manda se elaborou nas terras do Lacio, concretamente na cidade italiana de Milán. Pois desta volta é a quenda dunha colaboración ben xeitosa, fascinante e que documenta a experiencia dunha artista, residente na citada urbe, que traballa na Galería Sargadelos entre 2003 e 2004. Daquela ese lugar comercial case significaba, en certo xeito, unha verdadeira embaixada da cultura galega no estranxeiro. Ben emocionante era ver un petisco da Galiza no corazón de Milán, da cultura que nos é propia, da nosa literatura, da iconografía trasladada dende os petróglifos até a man de Isaac Díaz Pardo, da arte que se facía no noso país, da memoria das persoas que padeceron a barbarie... Todo iso era Sargadelos, e víamolo en Barcelona, en Madrid, en Sevilla, en Milán (e coido que tamén en Australia, pero diso trataremos noutro momento).
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Entrega esta man(da) María Meijide, a artista que mancha no seu "caderno de campo" unha historia de caolín e cobalto, unha historia -catálogo- que unicamente resulta ser unha peza de arte e sobre a arte, senón asemade un verdadeiro documento dun tempo aínda non borrado. A xenerosidade da autora maniféstase no momento de facilitarnos unha boa serie deses debuxos para que, aquí, os poidamos gozar. Con humildade e sinxeleza a autora indicou: "(...) mirei con calma e teño algúns debuxos de caderno de cando traballei en Sargadelos na época de Isaac. Envíovos este, que é unha peza de Sargadelos 'animada', pero teño máis (...)".
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Noutro correo, animada pola iniciativa do Alento Esbravexo, María informa: "(...) atopei máis arquivos da época en que estiven a traballar en Sargadelos de Milán, no 2004, nos tempos de Isaac, e podo ofrecer ao proxecto unha peza máis interesante e completa".
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
E vaia se resulta fermosa esta colección de debuxos, apuntamentos, bosquexos: un verdadeiro caderno de arte sobre a arte ("o cadro dentro do cadro" unha outra vez). Mais a calidade da pezas son sen dúbida unha regalía para os ollos de quen as observa. Sen dúbida estamos pampos perante esta fermosura, con ese detallismo, co movemento dalgunhas efixies retratadas, coas cores nas que domina o azul (sobre todo, e é por algo), pero tamén os ocres e os sienas (con ese nome tan fermoso que nos fai sucumbir nos encantos da cidade homónima).
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
E o marabilloso destas imaxes é que se poden ir identificando con total facilidade, mercé das manchas de tinta e cor, cada unha das pezas cerámicas ideas por Díaz Pardo e inspiradas en composicións del mesmo ou de Seoane, fundamentalmente.
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Ademais dun sincero agradecemento e un aplauso, entregámoslle a María Meijide os mellores desexos de futuro (no persoal e profesional, e dende o futuro do galego, o idioma, a terra que se fai cerámica pero tamén é pobo e nación). Saúde e mil grazas!
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Achegamos aquí as súas explicacións sobre o Caderno Italiano.
CADERNO ITALIANO
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Estas imaxes forman parte dun caderno feito na galería Sargadelos de Milán, no 2004.
Son apuntamentos en acuarela e rotring tomados do natural no propio espazo da tenda-galería, coa intención de memorizar as pezas e recordar a súa colocación. Así, aparecen organizadas tal e como estaban dispostas nos endeis, e tamén hai un bosquexo do almacén coa súa nomenclatura.
Máis adiante aparecen tamén as pezas contexualizadas en espazos ficticios: praia, cidade, etc.
No 2003 e 2004 tiven a sorte de traballar no proxecto Sargadelos dende Italia e descubrir así un universo infinito. Fun coñecendo pezas, textos, libros, arquitectura e deseño: o laboratorio de formas de Galicia. Estes apuntamentos de caderno son unha pequena homenaxe ao inxente contido de Sargadelos, á súa función restauradora dunha memoria plástica e histórica das formas do noso país. Un patrimonio espectacular e identitario no cal recoñecernos.
Grazie mile Isaac!
María Meijide
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
|
Caderno italiano (obra de María Meijide) |
Comentarios
Publicar un comentario