SARA PLAZA ENTREGA A SÚA MANDA A ISAAC DÍAZ PARDO

Árbores-paxaro
(autora: Sara Plaza)
Sara Plaza Moreno, natural da Sierra madrileña, malia as súas orixes manchegas é quen de entender, falar e escribir no noso idioma. A sensibilidade que manifesta fai que poida comprender tanto a realidade do noso país como as razóns polas que determinadas persoas, como Isaac Díaz Pardo, buscaron crear espazos nos que a cultura servise para conformar unha parte principal dos alicerces identitarios. Artista plástica, editora e escritora, algúns coñecémola polas ilustracións que realiza para a obra Mucha gente pequeña, de Gustavo Duch.

Sobre dela indícanos: "Sara é dunha aldea nas montañas ó nordeste de Madrid, por veces escritora, tradutora, dríade..., que aprendeu galego para debuxar pontes e acabou cruzándoas para vir ó Lugo de aceiro e de mel que louvara o poeta na vida, na morte, no amor e no ren. Moi contenta de sumar un bosque á manda de pezas para Isaac. Moi agradecida á asociación Alento Esbravexo. Parabéns pola iniciativa e o traballo".

Ademais de facilitar unha imaxe co gallo de conmemorar o centenario de Díaz Pardo, Sara Plaza entrega estas fermosas reflexións que, coma as anteriormente reproducidas, escribe con bo pulso directamente na lingua de Rosalía:

"Ola, bo serán:
O meu nome é Sara Plaza Moreno, achégolles un debuxo que fixen para participar na homenaxe a Isaac Díaz Pardo polo centenario do seu nacemento.

Tituleino "árbores-paxaro".

Sempre imaxinei Isaac
entre o ceo e a terra
a piques de engalar
a piques de pousar.

Saúdos cordiais,

Sara
".

Comentarios

  1. Que fermosura, Sara, tanto a imaxe plástica como a literaria de "Isaac a piques de engalar, a piques de pousar, entre o ceo e a terra". A ós as túas palabras elévannos, e hoxe levitamos algo máis.
    Mil grazas!

    ResponderEliminar
  2. Isaac sentiríase engaiolado pola exquisita sensibilidade de Sara e polo seu amor á nosa Terra e á nosa lingua...

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños