UNHA MANDA DE ANA PILLADO VEGA PARA ISAAC DÍAZ PARDO
Filomena (autora: Ana Pillado) |
Nadadora nocturna (autora: Ana Pillado) |
A seguinte manda-homenaxe entregada para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo procede de Ana Pillado Vega, quen explica as súas pezas cerámicas do xeito que reproducimos na súa literalidade.
"No
ano 2001 tiven a fortuna de asistir á 'Escola Libre de Cerámica do Castro' nas
instalacións da fábrica en Samoedo (Sada). O prestixio da 'Escola' e a posibilidade única que brindaba desenvolver a aprendizaxe nun entorno tan privilexiado, convertían a experiencia
nunha oportunidade moi demandada e recoñecida internacionalmente. De feito,
entre os asistentes había ceramistas non só do Estado español senón tamén doutros países de Europa e América.
Parella (autora: Ana Pillado) |
Premio da 'Asociación de escritores e escritoras en lingua galega' (autora: Ana Pillado) |
A
'Escola' era absolutamente gratuíta e durante a aprendizaxe traballamos con
todo o material propio da fábrica sen ningún tipo de restricións. Así mesmo,
facíamos uso do comedor para os traballadores e traballadoras e incluso da piscina
decorada con motivos inspirados nas obras de Seoane, que ese ano inaugurou o
propio Díaz Pardo acompañado dun sacerdote. Mellor dito, da pía por el
inaugurada, porque, tal e como clarificou perante un nutrido grupo de
ceramistas arxentinos, vascos, italianos, galegos, madrileños, cataláns... en
bañador, aquelo era unha pía, non unha piscina porque piscina é o lugar dos 'piscis' e esta non tiña peixes....e que
mellor que o cura bendicise as augas non foramos a afogar algún de nós.
Na
'Escola' recibimos o maxisterio de Calros Silvar e Fran Pérez Porto, ambos
afamados ceramistas e grandes mestres no oficio. A súa docencia seguía a máxima
da liberdade artística, principio que primaba a experimentación e o
desenvolvemento da creatividade.
Rosalía (autora: Ana Pillado) |
Premio 'Eu tamén navegar da Secretaría Xeral da Igualdade' (autora: Ana Pillado) |
Para
min, particularmente que viña do mundo da pintura e a ilustración, a 'Escola'
abriume as portas ao fascinante mundo da
cerámica. Namorei das súas múltiples posibilidades creativas, da alquimia dos seus pigmentos, do
traballo co volume... E tal foi o meu namoro que decidín montar o meu propio
obradoiro cerámico. Tiven o apoio incondicional do meu mestre Fran Pérez Porto,
quen me regalou un dos seus fornos e me guiou no proceso de creación. Naceu
así 'Alma de Lama', obradoiro de
cerámica, pintura e ilustración situado en Oleiros, onde desenvolvín o oficio durante 5 anos.
Neste tempo fun seleccionada para participar en feiras, exposicións e recibín
encargas para elaborar premios e murais. 'Alma de Lama' foi a miña primeira casa
taller, espazo no que crear e experimentar
o aprendido na 'Escola Libre de Cerámica do Castro'.
Sempre estarei profundamente agradecida polo inmenso privilexio de ter asistido á 'Escola Libre' que Díaz Pardo e Seoane impulsaron dentro do seu proxecto do Laboratorio de Formas de Galicia, creado para profundar nas raíces artísticas e identitarias do noso páis dende unha óptica vangardista, pois ambos os dous sabía que unicamente tendo as raíces ben chantadas na propia cultura é posible a innovación artística".
Que interesante! Me gustó mucho leer esta información. Gracias Ana. Mereces eso y mucho más.
ResponderEliminarParabéns pola peza de pezas, Ana
ResponderEliminarE agradecemento por compartilo as a experiencia.