UNHA MANDA DE ALOIA E MAMI PARA ISAAC
Man, manciña, tan, tan de Aloia e Mami |
Coméntanos Tareixa:
Para min Isaac é Sargadelos, e Sargadelos é Isaac, e medrei nunha casa chea de cousas de Sargadelos: a casa da miña avoa materna.
Miña avoa Teresa tiña unha chea de animaliños de Sargadelos no salón e a vaixela que inda agora, máis de 10 anos despois de que falecese, seguimos a usar para as festas. Na parede da entrada da súa casa aínda están pendurados un bó numero dos fetiches e amuletos tamaño XL que ten Sargadelos: o furamán, o cornamán, a figa, o trampallán, o curuxán etc.
Gardo moi bo recordo desas pezas porque van asociadas a todos os bos momentos que vivín nesa casa.
Aloia pintando a pincel unha das mans |
Certo é que cunha nena tan pequena non podiamos facer algo moito máis elaborado, pero ela implicouse moito e, agás o de repasar co rotulador, fixo todos os outros pasos.
Gozamos xuntas dun tempo moi bo creando a nosa contribución a esta homenaxe a Isaac.
Ah! O título da obra e o nome da nosa equipa tamén foron invención da pequena.
Un intre e unha creación chea de cariño e ilusión |
Comentarios
Publicar un comentario