UN PAXARO DE MARTA IGLESIAS ENTRÉGALLE UNHA MANDA A ISAAC

Folla Paxaro
(óleo de Marta Iglesias)
Marta Iglesias é quen de entregarnos, dende a sinxeleza das formas e a suavidade dos difuminados, unha peza sublime para conmemorar os 100 anos de Díaz Pardo. Trátase dun óleo de cores cálidas e proporcións de 100 X 100 cm que a autora, artista multidisciplinar, titula Folla Paxaro.

Esta artista plástica describe a obra deste xeito:

"Hai uns anos visitei a Isaac unha mañán de verán,  mesmo lembro ata a hora da conversa mantida sobre o estudo das formas, as súas proporcións e medidas, liñas e problemas espaciais e a relación destas coa natureza, falamos dos hexágonos, das abellas e os seus panais, das nervaduras da folla da figueira.... Eu faleille das follas da magnolia... Despois, pasado un tempo, collín unha folla de camelia seca e estívena a  observar, analizando a súa beleza durante uns días, a liña era simple como a forma dun paxaro, a súa proporción e contorno tamén e o meu sentimento foi lembrar esa fermosa mañán con Isaac. Levei a folla paxaro instintivamente a un formato grande no cadro, e decidín pintala".

Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

Xoán Andrade, Isaac Díaz Pardo e o Laboratorio de Formas

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños