CARICATURA DE ISAAC DÍAZ PARDO POR HÉITOR PICALLO
Isaac Díaz Pardo segundo Héitor Picallo |
Nesta seguinte entrada facilitamos unha caricatura que de Isaac Díaz Pardo realiza en 2012 Héitor Picallo. Está elaborada en técnica mixta, pois combina acuarela, tinta chinesa, recortes de xornais e teas de tapizar.
Tal peza foi exposta na mostra Isaac Díaz Pardo: Luz e Compromiso, coordinada e ideada por Maka Arca Camba e Ana Mosquera. Inaugúrase no IES número 1 de Ordes no citado ano. Alén diso, a caricatura publícase no libro Coa Lingua na Terra (Toxosoutos 2013) do propio Héitor Picallo, ao carón dun manifesto titulado Isaac Díaz Pardo e o adeus ao Instituto Galego de Información, asinado por varias ducias de persoas vinculadas á cultura deste país que fora lanzado en xaneiro de 2010.
Comezar polo principio, por un home construíndo un home, pola caricatura de Héitor enmarcada nos símbolos que falan de nós. Parabéns pola obra!
ResponderEliminarMarabillosa persoa Héitor, e súa arte, fai grandeza das persoas e do país.
ResponderEliminar