Homenaxe a Isaac Díaz Pardo, por Esperanza Lema

Homenaxe a Isaac Díaz Pardo 
(autora: Esperanza Lema Bouzas)
Esperanza Lema é unha desas artistas galegas ás que lle temos fe e non só polo trato que sempre nos ofrece -entrañábel, cordial, amical- senón por todo o que ten que ver co seu catálogo de cores, con eses torrados fantásticos que saben combinar coa friaxe dos azuis. 

A "paisaxe en Esperanza" identificámola cun raio verde que penetra na retina de todas as persoas que contemplamos a súa obra: realmente, unha estampa que nos aproxima ao coñecido (ao familiar) e á vida cotiá. 

Non hai dúbida diso, mais con ela sempre quedan recunchos ignotos. Saber da súa Maternidade en pedra é unha clara epifanía a outro contexto. E que fermoso que unha pedra se saiba parir en nai...!

Velaí que esta maternidade nos sexa ben próxima (coma á nación, coma a unha avoa tamén chamada mamá e que nos enche de aloumiños), pero así mesmo é emotiva pois foi quen, logo do bautismo laico, confirmala cun novo nome enmarcado na memoria: "Homenaxe a Isaac Díaz Pardo". 

Así o deixa a autora indicado. Beizóns, Esperanza, e moita cor para estes días cinsentos!. Ti xa sabes como facelo.



Comentarios

Publicacións populares deste blog

Por ti, Isaac, volveriámolo facer!

UNHA MANDA DE ANTONIO QUESADA RODRÍGUEZ PARA ISAAC DÍAZ PARDO

Ana de Vilatuxe, Isaac e a tecelá de soños